Lugo, 2 de maio de 2018. O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Tenente Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores no Concello da Fonsagrada a IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, que terá lugar os vindeiros días 25, 26 e 27 de maio organizada polo Club Cidade de Lugo. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo cunha achega de 65.000 euros, pois trátase da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica, sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran. A volta desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo, Castroverde e Pol.
Fernández Queipo destacou “a repercusión mediática e económica deste evento deportivo para a provincia pola oportunidade de promoción que supón, así como pola gran cantidade de xente que se achegará a presenciar o espectáculo. Non en vano, a día de hoxe, e a falta de dúas semanas para que remate o prazo de inscricións, xa hai máis de 165 persoas de toda Galicia, así como doutras comunidades como Valencia, Estremadura, Asturias, Castela e León, e do norte de Portugal, apuntadas para participar na Volta ás Comarcas. A esta cifra hai que engadir os acompañantes e afeccionados á bicicleta que durante tres días se darán cita na nosa provincia, enchendo os hoteis e locais de restauración dos concellos polos que transcorre o percorrido, e deixando uns beneficios próximos aos 100.000 mil euros”.
A novidade máis importante deste DVL2018 é a participación dun ciclista de luxo como é Joseba Beloki, ex ciclista profesional que destacou como gran escalador e contrarreloxista de alto nivel especializado en grandes voltas por etapas, destacando entre eles os seus 3 podios no Tour de Francia (2º en 2002 e 3º en 2000 e 2001).
Os interesados en participar no Desafío Volta Lugo 2018 poden formalizar a súa inscrición ata o vindeiro xoves, 17 de maio, a través da páxina web http://www.desafiovoltalugo.com/producto/inscripcion/. Outra das novidades nesta edición é que todos os clubs ciclistas da provincia de Lugo poderán participar totalmente de balde, co obxectivo de promover o deporte base lucense.
Programación das etapas
A primeira etapa terá lugar o venres 25 de maio, os corredores sairán ás 11:00 horas da Praza Maior do Concello de Lugo e chegarán á Praza dos Fornos, no Concello da Pontenova. En total, percorrerán unha distancia de 83,5 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.118 metros positivos, atravesando altos de montaña como o Alto de o Alto de Cruz da Cancela (3ª Categoría) ou o Alto de Augaxosa (1ª categoría).
A segunda etapa disputarase o sábado 26 de maio con saída ás 10:00 horas dende a Praza dos Fornos da Pontenova. O remate desta segunda etapa terá lugar na Praza do Concello da Fonsagrada, completando unha distancia de 114,6 quilómetros e 3.143 metros de desnivel positivos. Neste segundo día, os ciclistas enfrontaranse a altos de montaña como o Alto de Coto de Frades (1ª Categoría); o Alto de Cruz de Barreiros (2ª Categoría), o Alto de A Lúa (1ª Categoría), o Alto de Cruz de Meira (1ª Categoría), ou o Alto de O Hospital (1ª Categoría).
Finalmente, a terceira etapa da Volta celebrarase o domingo 27 de maio. A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello da Fonsagrada, e a meta estará situada no complexo deportivo Forus Lugo. En total os corredores realizarán 90,5 quilómetros de distancia, nesta última etapa cun desnivel acumulado de 1047 metros positivos, pasando por altos de montaña como o Alto da Fontaneira (3ª categoría), ou o Alto de Montecubeiro de 2ª categoría.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
