Lugo, 14 de maio de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns, na Praza de San Marcos, as actividades promovidas polo Goberno da Deputación para homenaxear a escritora, María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. García Porto avanzou as iniciativas que comezan hoxe na Praza da San Marcos, e que inclúen un taller de serigrafía para todos os públicos, un concerto da Tradaescola coa Escola Municipal de Betanzos, ademais da continuación dos traballos didácticos nos que participan 7.000 escolares de 45 centros escolares da provincia. Paralelamente, na Rede Museística da Deputación, celebrarase a Semana dos Museos, con 6 obradoiros para os máis pequenos da familia e tamén para adultos.
A Deputada reivindicou o papel de María Victoria a prol do idioma e remarcou que “é a cuarta muller á que se lle dedica o Día das Letras, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987) e María Mariño (2007). Dende o Goberno da Deputación contribuímos a espallar a súa obra coa promoción da Semana das Letras Galegas nos centros de ensino da provincia”.
“Concretamente doamos libros a 7.000 alumnos de 45 centros de Educación Secundaria de toda a provincia, nos que contamos coa participación de 384 docentes, para deseñar actividades didácticas entorno a figura de María Victoria Moreno. Dentro da programación inclúese unha Guía do Profesorado con pautas para utilizar o manual, que xa recibiu todo o alumnado e os seus profesores. E o día 16 de maio como remate da semana escolar, ás 12:00 da mañá, os centros participantes realizarán actos literarios sobre a súa vida e obra”.
Praza de San Marcos
García Porto avanzou que a Praza de San Marcos acollerá tamén un obradoiro gratuíto para todos os públicos de estampación, no que se poderán realizar retratos de María Victoria. Estará aberto o luns 14 e martes 15, dende ás 17:00-19:00 horas. Esta actividade, que non require inscrición previa, realizarase nunha carpa. Outra das actividades previstas polo Goberno da Deputación é un concerto da Tradescola, acompañado da Escola Municipal de folclore de Betanzos que terá lugar tamén na Praza de San Marcos. Esta actividade será o mércores 16 de maio, a partir das 19:30 horas.
Semana dos Museos
O executivo Provincial conta ademais cunha programación específica para conmemorar a Semana dos Museos 2018. Esta programación inclúe diversas actividades na Rede museística provincial que inclúe actividades con motivo do Día das Letras Galegas, 17 de maio; o Día Internacional dos Museos, 18 de maio, e a Noite dos Museos, que é o 19 de maio. Para poder participar nas distintas actividades organizadas, as persoas interesadas poden inscribirse de xeito completamente gratuíto, no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo, ou no museo onde se impartan as ditas actividades. A programación é a seguinte:
Museo Provincial de Lugo
-Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación. Data: 18 de maio. Dirixido a Club Pequeamig@s (a partir de 8 anos). Horario: de 16:30 a 18:00h. Prazas: 15. E noutra quenda para adultos, dende ás 18:30 a 20:00h. Prazas: 15.
-Obradoiro: Falar coas mans. Unha actividade dirixida a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo. Data: 19 de maio. Horario: de 18:00 a 19:30h. Dirixido a parellas, familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Este obradoiro foi seleccionado entre os vinte mellor valorados na Bienal Miradas de Mujeres 2018.
Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo)
-Obradoiro: Falar coas mans. Obradoiro interxeracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Data: 19 de maio. Horario: de 12:00 a 13:30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Inscrición previa, gratuíta, no departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar.
Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol)
-Obradoiro: Falar coas mans, dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Data: 18 de maio. Horario: de 17:00 a 18:30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Inscrición previa, gratuíta, no departamento de Didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla.
Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
-Obradoiro: Falar coas mans. Unha actividade dirixida a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Data: 17 de maio. Horario: de 12:00 a 13:30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto+ neno/a). Inscrición previa, gratuíta, no departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor.























Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



