Canta realidade manexan os manuais de comunicación, unha mentira repetida moitas veces ó final parace case verdade, tan verdade que os mesmos mintireiros a cren. Iso é o que ben acontecendo dende un tempo a esta parte co municipalismo do PSOE. Pensan que son a esencia do municipalismo, incluso alcaldes do PSOE o levan tan interiorizado que dín que son municipalistas. Pois non é certo, non o son, esa é unha das súas grandes MENTIRAS.
A aposta pola atonomía local no PSOE ficou finiquitada coa modificación do artigo 135 da CE que fixo Zapatero e o noso veciño Blanco, coa complicidade necesaria do PP e secuestrando o debate no Congreso, propoñendo este cambio un 23 de agosto.
O PSOE é, xa que logo, o Pai da “estabilidade presupuestaria”, está é a nai da LRSAL ou “Lei Montoro”. Polo tanto o PSOE ten o logro de ser na práctica, o avó da Lei Montoro e o seu principio de sostenibilidade e estabilidade, principio que tamén afecta as pensións. O PSOE fusilou a Lei de Bases de Réxime Local e baleirou de contidos a administración local. Todo comenzou aquel 23 de agosto, cun xogo de trileros.
E aínda e todo os alcaldes e alcaldesas socialistas, que saben ben do que falo, din ser municipalistas e acto seguido laianse da Lei Montoro, do teito de gasto e do control do ministerio, repudian pois ó seu neto, hipocritas. Esta é a realidade da “socialdemocracia” estatal, uns fariseos.
Estamos xa case en ano electoral municipal, compre que a opinión pública coñeza esta impostura e sepa quenes son os culpables de que os concellos non podan prestar servizos que tiñan, ou cubrir persoal ou axudar a un colectivo. A entente de PP, PSOE neste caso é clara e meridiana, a Troika esixia sangue e a sangue saíu dos Concellos, non das Comunidades nin do Estado. Cando a deuda pública dos concellos era moito máis pequena.
Foron quenes pagaron o axuste perdendo autonomía local. Por iso cando veñan con promesas, lembren quenes foron os que anularon a capacidade da nosa administración máis cercana.
Galicia ten unha Lei de Administración Local Galega, dende 1997, pero compre unha boa reforma e unha lexislación acorde a dignidade de Galicia. Por deuda histórica, por competencias e por realidade. Galicia merece e precisa unha lei a semellanza da vasca que garante a participación dos entes locales nas decisións do goberno de Euskadi. É preciso e podese facer, mais este cambio ten que vir das eleccións de 2019 cuns concellos fortes e firmes na defensa do seu para construir unha Galicia plena.
Tede en conta quenes son os Pais do 135 e da LRSAL(Lei Montoro) PP e PSOE non queren esta capacidade en Galicia, lembradello cando pidan o voto municipalista.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



