Ribadeo, 4 de maio de 2018. O vindeiro xoves, 10 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos da Escola de Música de Ribadeo, terá lugar unha xornada de difusión do proxecto Eco-interEo, que se enmarca dentro dun programa Empregaverde e que está financiado pola Fundación Biodiversidade.
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “este proxecto, que se desenvolverá ao longo de 2018, é posto en marcha pola Asociación InterEo, conformada por municipios de Asturias e Galicia e na que se integra o Concello de Ribadeo. O proxecto Eco-interEo terá como obxectivo principal ofrecer formación e asesoramento para favorecer o inicio, transformación e/ou consolidación da produción ecolóxica no territorio”.
E sinalan: “concretamente, nesta xornada poderemos obter información sobre como se estruturará este proxecto, que ofrecerá ata 40 accións formativas gratuítas que van desde un módulo xenérico sobre producións agro ecolóxicas, á formación especializada para os sectores hortofrutícolas, gandeiro, de producións asociadas ao bosque, turístico e hostaleiro, e así coma outros módulos dedicados á xestión e comercialización”.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo engaden que “asemade o proxecto contará cunha área de asesoramento directo en materia de produción ecolóxica , que está dirixida por unha persoa enxeñeira agrícola e Licenciada en Ciencias Medioambientais e contará co apoio con técnic@s de Serida, da Universidade Santiago de Compostela así como dos Consellos Reguladores de ambas comunidades (Asturias e Galicia)”.
O Concello de Ribadeo convida “a todas aquelas persoas interesadas a asistir a esta primeira xornada do proxecto Eco-interEO dirixida tanto a persoas que desexen iniciarse no eido da produción ecolóxica, coma persoas que desexen transformar a súa produción ata aquelas que estean xa en ecolóxico e desexen consolidar o proxecto”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



