En 1976 publicou este cronista o seu primeiro libro: ”Guía histórica y artística de San Martin de Mondoñedo” que era tamén o primeiro monográfico editado sobre daquela igrexa. Fora prologado polo eminente escritor e xornalista, don Xosé Trapero Pardo, moi coñecido e apreciado en Foz, onde veraneou 67 anos consecutivos “sen faltar- nos dixera nunha ocasión- nen o ano que estalou a guerra civil” e onde dende os anos 50 leva o seu nome a rúa que, do Campo da Cabana, chega á Rapadoira.
En páxina final da guía, dase conta da xa executada 1ª fase das transcendentais obras de restauración e conservación ,realizadas entón, baixo a dirección do ilustre arqueólogo e catedrático da USC don Manuel Chamoso Lamas , inauguradas o día 11 de novembro de 1966, acto no que Alvaro Cunqueiro pronunciara un brillante e inesquecible discurso.
Detállanse tamén as obras a realizar na “inmediata” 2ª fase e dise: “…. se incluye también la instalación de un Museo Parroquial que guardará piezas únicas por su valor histórico y artístico,como el Anillo Pastoral y Báculo de S. Gonzalo, del S.IX, y otras piezas que han pertenecido a S. Martín y que pasarán a enriquecer el patrimonio expuesto en el mismo”.
Isto é o que, con 42 anos de retraso, acaba de inaugurarse ; feito que tanto nos satisface, pois trátase de algo de verdadeira importancia, incrementando o interese para os numerosos visitantes; instalado no interior da Basílica, exemprar único do pre-románico galego, e Monumento Nacional, a carón da que se contempla a obra do prestixoso artista plástico “Caxigueiro” , enmarcada pola beleza do novedoso xardín botánico “Espazo Caritel”, que causa admiración aos numerosos visitantes; unha ampla mostra de plantas exóticas e autóctonas, en coidada disposición; entre elas unha colección de mais de cen especies distintas de camelias; o lamentable é que houbera que esperar 42 anos dende aquéla, para que se consumara tan interesante proxecto, de singular engado como lugar de outo interese no laudable obxetivo que se persegue da desestacionalización do turismo, que sen dúbida se logrará, cando das palabras se pase á acción e se poñan os medios e os esforzos precisos que toda empresa ambiciosa esixe. Nese senso San Martiño, co conxunto a que aludimos – historia, arte e exaltación da natureza -é, sen lugar a dúbidas, o mais engaiolante espacio do territorio municipal de Foz; e como tal, tamén o mais visitado.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



