Burela 25-6-18. A Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo (ARVI) e a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-07) promoven este martes 26 de xuño, a través da Confederación Española de Pesca (CEPESCA) un “Taller Internacional sobre xestión pesqueira de tiburóns”, que terá lugar na Oficina Permanente de Representación (REPER) de España ante a UE en Bruxelas.
O obxectivo deste acto é sensibilizar e explicar a representantes de institucións
europeas e nacionais, ONGs e organizacións pesqueiras os pormenores, principais características, perspectivas e problemáticas desta pesquería de Palangre de Superficie, unha das artes de pesca máis selectivas e cunhas boas prácticas na súa xestión, para evitar sobre todo capturas incidentais de aves, tartarugas ou outras especies prohibidas.
Xa confirmaron a súa asistencia 58 persoas, destacando varios representantes da DG Mare, do Parlamento Europeo, dos Estados membros do Consello, FAO, así como algúns gobernos rexionais e nacionais. Ao finalizar o acto degustaranse diversas receitas con tintorera (caella) e marraxo, aportados desde OPP Lugo.