Lugo, 25 de xuño de 2018.- Un total de 112 proxectos promovidos por comunidades de montes veciñais en man común e sociedades de ordenación forestal lucenses (SOFOR) contarán con novas axudas da Consellería do Medio Rural, por valor global de 1.056.400 euros, para promover iniciativas de prevención e defensa contra os lumes.
Así o deu a coñecer o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante unha visita ao monte de Moia, en Navia de Suarna, onde explicou tivo a oportunidade de comprobar o resultado das labores preventivas levadas a cabo pola comunidade veciñal propietaria dos terreos.
Balseiro insistiu na necesidade de manter os montes limpos e coidados, apostando pola súa posta en valor e preservando tanto a parte medio ambiental como a económica. Estes traballos en montes veciñais en man común e Sofor súmanse aos realizados pola propia consellería e administracións locais con convenios de colaboración en materia de prevención.
Dúas liñas de axuda
O delegado territorial explicou que a orde de axudas para a prevención de incendios está destinada a subvencionar dúas liñas: o control selectivo de combustible e a construción de puntos de auga.
Estas axudas distribúense por todos os distritos forestais de provincia e chegan a todos os concellos lucenses con cantidades que oscilan entre os 2.800 e os 25.000 euros, en función das actuacións a executar propostas polas comunidades de montes solicitantes.
A primeira das liñas obxecto de subvención, na que se tramitaron 101 expedientes na nosa provincia, apoia todas aquelas accións encamiñadas a eliminar ou reducir os riscos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa propagación. As actuacións que se subvencionan nesta liña consistirán no control selectivo do combustible en devasas, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural, así como na roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais-
A segunda liña de subvencións que ten esta orde de axudas financia a construción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. No caso de expedientes de comunidades de montes, mancomunidades ou agrupacións de menos de 500 hectáreas, subvencionarase un punto de auga, chegando a dous no caso dos terreos de máis de 500 ha ou Sofor. Neste caso, na nosa provincia os beneficiarios foron 11.
Os beneficiarios dispoñen de cinco meses para executar estes traballos, que na práctica poden incluír desde construción de cortalumes, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural ata rozas, rareos e eliminación de restos de poda
Monte de Moia, na Fonsagrada
No caso concreto do monte obxecto de visita a comunidade de Moia obtivo o pasado ano achegas por importe global de 24.400 euros. No conxunto do municipio de Navia de Suarna, ambas axudas sumaron 261.210 euros de orzamento e beneficiaron a 11 propietarios de montes.
O renovado compromiso do Goberno galego co coidado e protección dos nosos montes tradúcese en que a convocatoria vixente destas axudas contou cun incremento na provincia de Lugo do 45% con respecto á contía concedida o pasado ano.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



