Foz, 25 de xuño de 2018. Cinco prestixiosos xornalistas especializados en turismo, afincados en Madrid e Barcelona pero que viaxan continuamente por numerosos países do mundo para coñecer os seus principais atractivos, visitaron este pasado fin de semana a basílica de San Martiño e o seu centro de interpretación, recentemente inaugurado. No percorrido estiveron acompañados polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e pola guía da basílica e do centro de interpretación, Silvia Blach Cuesta.
Os participantes nesta visita son: Esther Eiros (xornalista afincada en Barcelona e especializada en viaxes desde a década dos 80 ata a actualidade, longa etapa na que traballou en varios medios de comunicación como Radio Nacional de España, Radiocadena Española e Onda Cero, onde continúa; foi galardoada con numerosos premios a nivel nacional e internacional como a Antena de Oro, o Micrófono de Oro, a medalla de prata do turismo de Francia, a medalla de ouro de Johann Strauss da cidade de Viena ou Lucense del año, este último en 2010, entre outras moitas distincións); Enrique Domínguez Uceta (xornalista madrileño galardoado con diversas distincións, entre elas o Premio Nacional de Periodismo; ademais é arquitecto, escritor, fotógrafo e colaborador, con reportaxes e artigos, en publicacións como Viajes National Geographic, Geo, Traveller, Viajar, Elle, Marie Claire); Pedro Madera (xornalista e historiador afincado en Madrid que colabora en medios de comunicación como El Mundo, El País, ABC, 7 Leguas, Viajar, Grandes Viajes, París Match, Gente y Viajes, Geo, Elle, Marie Claire, Telva, Marca Motor e Onda Cero Radio, entre outros); Elena del Amo (xornalista madrileña que foi redactora da revista Viajar durante dez anos, publicación na que segue colaborando, ao igual que fai noutros medios como Ronda Iberia, Excelente, Woman, Ábaco, Autoclub, Ferrari, Siete Leguas, Jaguar, GQ, Hola, Onda Cero Radio e varias revistas latinoamericanas); e Víctor Herranz (xornalista e fotógrafo que ademais é diplomado en Turismo; agora está afincado en Madrid e anteriormente viviu en Inglaterra, Irlanda, Escocia, Italia, Nueva Zelanda e Brasil. Actualmente traballa en Onda Cero como produtor, redactor e community manager e como director de contidos en genteviajera.es).
Todos eles quedaron gratamente sorprendidos do moito que ten que ofrecer aos turistas a basílica de San Martiño e o seu centro de interpretación.
