Burela 8-6-18. A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o mércores 27 de xuño de 2018. A reunión terá lugar na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, local 10, Burela); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Orzamento Tempada 2018-19
3. Filialidade do Comarcal A Fervenza FSF
4. Informe sobre instalacións deportivas
5. Rogos e preguntas