Burela 21-6-18. O Pescados Rubén Burela FS chegou a un acordo coa brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany, para seguir sendo Guerreira Laranxa en 2018-19. A 3 mariñá cumprirá así a quinta tempada no club, a cuarta nesta segunda etapa. “Dany é un exemplo dentro da nosa estrutura, en traballo, seriedade, dedicación e sobre todo na súa implicación na formación dos máis pequenos/as” aplaudía así o presidente, Manuel Blanco, a continuidade da canarinha.
A pivote, de 33 anos, convértese na cuarta renovación do proxecto, xunto a Cilene, Jozi e Ana Romero, como outras das referencias na solidez do equipo. En 2017-18, a incombustible Dany disputou 29 dos 30 partidos de liga, con 25 titularidades, e 20 dianas, como unhas das máximas goleadoras laranxas, por detrás das 29 de Cilene e das 21 de Lara; así mesmo tamén se erixiu como un dos grandes revulsivos do conxunto laranxa tanto na Copa de España de Cádiz coma na Copa Galicia de Marín.
