Lugo, 4 de xuño de 2018. O Centro de Recría da Deputación abre mañá coa entrada das primeiras 50 novillas de gandeiros da provincia de Lugo. Trátase do 1º centro de recría público de gando vacún de leite que existe en España, pois foi construído en solitario polo Executivo Provincial con 12 millóns de euros logo de que a Xunta de Galicia rexeitase colaborar. As novas instalacións están situadas en terreos da Deputación na Granxa Gayoso Castro, no Concello de Castro de Rei. A a súa xestión é de rigoroso control público por parte da Deputación e coa colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago de Compostela. A adxudicataria, tras un proceso de concorrencia competitiva, resultou Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega SERAGRO da que forman parte 1.500 gandeiros, dos que sobre o 50% son lucenses. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e un regulamento en defensa dos dereitos.
Na actualidade existen 4 centros de recría en España: 3 privados en Mazaricos (A Coruña), en Pantón (Lugo) e en Mallén (Zaragoza). Hai outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero de xestión privada, pois foi cedido a unha empresa e a administración desvinculouse do seu funcionamento.
Prezo de 2,39 euros ao día e prioridade para gandeiros lucenses
O Centro de Recría da Deputación pode acoller a 3.000 novillas, duplicando a capacidade de recría que existe hoxe en Galicia. O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe custos de transporte, tratamentos de fertilidade, alimentación, control sanitario, revisións veterinarias… a diferenza dos centros privados. Con este prezo os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar os seus animais a centros fóra de Galicia. Teñen prioridade de acceso os gandeiros da provincia e logo os do resto da Comunidade Autónoma.
3 millóns en beneficios
Cando o Centro de Recría da Deputación estea a pleno rendemento (en dous anos poderá acoller as 3.000 novillas) será capaz de xerar uns beneficios anuais duns 3 millóns de euros na provincia, atendendo só á contratación de bens e subministros para o funcionamento destas instalacións como por exemplo pensos, forraxe, veterinarios, mantemento… A isto engádese o aumento do valor no mercado dos animais recriados, pois serán mellorados xenéticamente. A actividade no centro xerará 10 novos empregos directos, ao tempo que contribuirá a manter ducias de postos de traballos ao colaborar con profesionais vinculados ao sector.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



