Cervo, 21 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo vivirá unha fin de semana de San Xoán repleta de actividades para todos os públicos.
San Xoán en San Cibrao
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar do San Xoán de San Cibrao da man do Grupo A Rebolaxe.
A xornada comezará o sábado, ás 19:30 horas, con música, xogos populares para nenos e maiores, pancetada, salchichada e chourizada, sorteo dunha cesta de produtos típicos e unha gran fogueira na praia do Torno; ademais doutras sorpresas.
O concerto de “mi rollo es el rock” porá o broche de ouro a partir da 1:00 horas.
San Xoán en Rúa
Outra cita ineludible deste sábado será o San Xoán de Rúa, organizado pola asociación de veciños Rúa-Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita comezará ás 20:00 horas no campo da festa, no recinto da escola de Rúa.
Servirán racións de churrasco, chourizo e torresmos de balde para os socios, e por un prezo de 6 euros para os non socios. Os tickets poñeranse á venda no propio recinto ás 19:00 horas.
A festa estará amenizada polo grupo Diamantes, e desde a asociación apuntaron que tamén se elaborarán caipiriñas.
Festas de Figuerido
O Concello de Cervo tamén convida a veciños e visitantes a desfrutar das Festas na Honra de San Luis, en Figuerido.
A cita, organizada pola Asociación Socio-Cultural Ponte da Salgueiriña coa colaboración do Concello, desenvolverase durante toda a fin de semana.
A programación comezará mañá venres, 22, a partir das 22:30 horas, cunha Gran Verbena a cargo do Grupo Alma Latina e da Orquestra Palladium.
O sábado, 23 de xuño, ás 9:00 horas, terá lugar o chupinazo que anuncia o inicio do día grande das Festas. Ás 11:00 horas haberá pasacorredoiras a cargo dos gaiteiros de Airiños do Xunco, de Cervo. Ás 14:00 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Luis no campo da festa; e, a continuación, haberá sesión vermú a cargo do Grupo Alma Latina.
Haberá unha gran lumeirada de San Xoán e serviranse racións de churrasco, chourizo, crioulos e pan por 5 euros. A continuación, desde as 22:30 horas, haberá festa rachada a cargo do Grupo PK2; e pechará o día grande das festas o concerto de Los Limones.
Xa o domingo 24, desde as 17:30 horas, haberá demostracións e desfrute de xogos populares.
Deportes. Campionato de España de Motonáutica po Radiocontrol térmico
O Concello de Cervo acollerá o sábado e o domingo, 23 e 24 de xuño, o campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol térmico.
A cita desenvolverase no Encoro de Río Cobo, e está previsto que participen medio cento de embarcacións, da man dunha vintena de pilotos procedentes de Cantabria, Valencia, Castellón, Madrid, Andalucía e Galicia.
Tal e como sinalou Villares nesta ocasión os tres mellores pilotos de cada categoría serán os campións de España directamente, porque, a diferencia da pasada edición, esta vez hai unha proba única, a nosa, cremos, polo tanto que esta “é unha oportunidade única para dinamizar e aproveitar dun xeito diferente o noso encoro, que será sen dúbida un punto de encontro atractivo para os amantes desta disciplina, pero tamén para todos aqueles veciños e visitantes que desexen ver de balde un espectáculo singular ao aire libre da man dos mellores pilotos a nivel nacional”.
Ademais, -engadiu- “é sen dúbida unha boa plataforma para amosar e dar a coñecer a pilotos e acompañantes o noso municipio e os moitos atractivos que ten, e que gocen dunha fin de semana deportiva e turística ao tempo”.
Na competición participan lanchas cunha lonxitude de 1,20 metros aproximadamente que chegan a acadar os 120 km/hora.
As probas son realizadas seguindo as normas da Real Federación Española e Galega de Motonáutica e distribúense en catro categorías:
Ata 3,5 c.c.
De De 3,6 a 7,5 c.c.
De 7,6 a 15 c.c.
De 15,01 a 35 c.c.
O Concello de Cervo fará entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría; que se farán con título de campións de España.
O horario das probas será o seguinte:
Sábado, 23 de xuño .- A partir das 10:00 horas comezarase a formalizar as inscricións e haberá adestramentos libres ata as 13:00 horas. A partir das 16:00 horas darán comezo as mangas de cada categoría
Domingo, 24 de xuño .- de 9:00 a 10:00 horas adestramentos libres. A partir das 10:00 horas realizaranse as mangas restantes.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



