Viveiro 21-6-18. Trátase dunha iniciativa organizada por Aviturga (Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia), coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Viveiro, que está orientada ás persoas con vivendas vacacionais que queiran normalizar a súa situación tras a entrada en vigo do Decreto 12/2017 da Xunta de Galicia, así como mellorar as súas aptitudes para ofrecer un servizo de máis calidade e profesional de cara ao público.
Esta xornada, na que participarán profesionais do sector turístico e con entrada de balde, terá lugar o domingo 24 de xuño, ás 11:00 horas, na sala de exposicións da biblioteca municipal. O programa das xornadas inclúe:
Recepción e entrega de materiais e bolsas con merchandasing.
Benvida da Concelleira de Turismo, Marisol Rey.
Introdución a cargo da Presidenta de Aviturga. Que é a asociación e por que se centra na formación.
Lugo ten máis que murallas. Nocións para ser un bo guía amateur na túa provincia.
O interiorismo. Home Stagging. Charla práctica.
Booking. Com. Como funciona a plataforma, vantaxes para os propietarios.
Sorteo dunha acción personalizada de Home Staging entre os asistentes.
Vivendas de uso turístico
Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de maneira reitarada e a cambio dunha contraprestación económica, para unha estadía inferior a 30 días, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade. Todas as dependencias deben ter sistema de calefacción, excepto meses de xuño a setembro, contar cun número de teléfono as 24 horas para a atención dos clientes e un servizo de asistencia e mantemento. Poden ser comercializadas, ademais de polas empresas turísticas, polos seus propietarios ou persoas físicas ou xurídicas que os representen. Pode haber limitación de número deste tipo de inmobles en cada municipio.
Aviturga
Esta asociación, creada en 2016, representa a máis de 7.000 propietarios de vivendas turísticas de Galicia. Naceu como medio de información e axuda aos afectados polo Proxecto Decreto/2015, no que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico en Galicia. O compromiso desta entidade é loitar por un decreto o máis xusto posible e que conte con opinión dos propietarios das vivendas. Co fin de chegar ao maior número de persoas posibles, Aviturga ofrece charlas por distintos puntos de Galicia informando e asesorando a todos os interesados nesta materia.
Dende o Concello consideráse que esta é unha excelente oportunidade para todos os propietarios de vivendas turísticas, pois poderán informarse e resolver as súas dúbidas sobre a lexislación que afecta a este sector e recibir consellos e asesoramento para mellorar o seu negocio. A día de hoxe existen na provincia de Lugo máis de 700 inmobles deste tipo, polo que esta acción formativa é de gran interese para mellorar un servizo que supón un importante revulsivo para todo o territorio.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



