Ribadeo 7-6-18. O coro está formado por xente vinda de Cervo, Lugo, Viveiro, Foz, Vilaronte, Barreiros, San Miguel, Ribadeo, Obe, As Anzas, Rinlo e a Veiga. Persoas que se xuntan polo gusto e o amor a cantar en colectivo, sabendo dos benefícios que isto implica para a saude invidivual e social. O coro ten unha firme vontade de ser fieis ao relacionamento natural que hai entre o Occidente Astur e a Mariña de Lugo.
As cancións non teñen un xénero fixo. No seu repertorio podemos atopar cancións populares galegas-asturianas, a canción “Llevame hasta el mar” de Manolo Tena, “Serpientes de mar ” de Silvio Rodriguez, a adaptación da banda sonora da dos anos 70 “Vacaciones en el mar” , outra de The Beach Boys, a versión en galego da canción “Viento del Norte” de Nando Agueros coa tradución do filólogo Antón Porto, a coñecida “Alfonsina y el mar”, “Meu amor é mariñeiro” na versión de Fuxan os Ventos…. Todas as cancións elexidas polos membros do coro teñen como telón de fondo O Mar.
Ademais incorporaron “Eno sagrado en Vigo”, cantiga de Martín Codax que foi interpretada polo coro no Teatro da cidade por petición da afamada gaiteira Cristina Pato para o seu espectáculo dedicado ao Pergamino Vindel este Nadal pasado.