Cervo, 16 de xuño de 2018.- O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, denuncia que o Alcalde e os seus compañeiros do PP están a promover unha residencia “para a elite, pois os custos das prazas que estableceron son de entre 1.280 e ata 1.500 euros, cando a pensión media dos nosos veciños é duns 700 euros, facendo, polo tanto, que esta dotación pública, que é e debe ser para todos os maiores do noso Concello, sexa inaccesible para a grande maioría dos mesmos. Só está ao alcance das persoas que poidan contar con elevados ingresos”.
“Dende o PSOE de Cervo defendemos que as 79 prazas que ofrecerá esta infraestrutura social, rematada xa no 2012, deben estar dirixidas a todos os veciños do noso Concello, pois son eles, a través do seus impostos e fondos públicos nas administracións, os que financiaron a súa construción con máis de 2 millóns de euros”.
“O modelo que está a promover o Partido Popular non garante que as prazas sexan para os nosos veciños, só para os que poidan ter elevados ingresos. O Alcalde e os seus compañeiros do PP xustifica isto, asegurando que van a concertar prazas coa Xunta de Galicia, pero non aclarar que de producirse esta concertación as persoas que se beneficiarán das prazas da nosa residencia poden ser de calquera punto da xeografía galega. Esta concertación non dá preferencia aos maiores de Cervo aínda que a residencia sexa deles e se sitúe no seu Concello”, explicou.
Os prezos que o PP estableceu para as prazas
O voceiro socialista explicou que o Partido Popular defendeu dende un inicio un modelo de residencia e centro de día que imposibilita o acceso aos veciños do municipio. “Nas súas propostas, que aprobaron en Pleno”, determinaron os seguintes prezos: 1.280 euros para os maiores sen limitacións na súa autonomía; 1.400 euros para Dependentes Grao 1; 1.450 euros Dependentes Grado 2; 1.500 euros Dependentes Grao 3; 890 euros para a atención diúrna en Centro de Día e 485 euros na nocturna.
“Os socialistas preguntamos ao Alcalde do PP sobre a posibilidade de financiar prazas dende o municipio, principalmente para os maiores coas pensións máis baixas, feito que descartou facer dende o primeiro momento, asegurando que ía a concertar prazas coa Xunta pero sen aclarar o que supón esta concertación”, explicou.
Modelo do PSOE
“Os socialistas defendemos o modelo de acceso universal ás prazas que promovemos dende o Goberno Provincial nos centros de maiores que construímos e impulsamos en Concellos da provincia dende a Deputación, precisamente, pola negativa do PP a facelo dende a Xunta, cando é a administración galega responsable. O PSOE no Goberno Provincial estableceu que as prazas nos centros para a terceira idade da Deputación nos municipios sexan en primeiro lugar para veciños do Concello onde se sitúa o centro, logo para os da Comarca ou Bisbarra e seguidamente para lucenses en xeral. Ademais, os socialistas no Goberno Provincial acordou financiar as prazas nas residencias construídas e promovidas pola Deputación para que sexan de acceso universal, para todos os veciños con independencia da súa situación económica.
Máis de 6 anos de espera
Os sociliastas de Cervo critican que “o Partido Popular bloquee sistematicamente, coa sempre complicidade e imprescindible axuda da Xunta de Galicia, a apertura da rede de residencias e centros de día públicos que construíu e promoveu a Deputación nos Concellos. Bloquean as residencias da Deputación e abandonan as poucas que fixeron na provincia, pois a de Cervo rematouse en 2012, abandonárona, facendo que se tivesen que destinar máis fondos públicos de todos os cidadáns para arranxala. E agora, por riba, privan aos veciños de Cervo desfrutar da súa residencia con estes prezos para as prazas cando se investiron máis de 2 millóns de fondos públicos dos nosos veciños nas administracións”.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



