Cervo, 16 de xuño de 2018. Varios mozos e mozas de Down Lugo pasaron unha mañá co alumnado do CEIP Cervo nº1, de San Ciprián, na que compartiron a súa experiencia no proxecto fotográfico Enfocando Historias, que se pode visitar na sala de exposicións da Casa da Cultura, ata o 28 de xuño.
Fátima Rosón, Marcos Cruz, Saúl Montoya e Carla Pereira foron os encargados de describir o gratificante da experiencia a través da proxección de diferentes diapositivas e contaron como é o seu día a día, a súa loita por acadar a plena inclusión, por atopar un oco no mercado laboral para o que se están capacitando e formando.
O proxecto desenvolveuse en catro fases. Primeiro os participantes recibiron clases teóricas para familiarizarse con conceptos básicos de fotografía e comezaron coa labor de idear historias. A segunda fase foi unha viaxe realizada á Mariña e á Praia de Penarronda (Asturias) para plasmar en instantáneas esas historias. A terceira adicouse a seleccionar fotografías e ao tratamento das mesmas con diferentes programas. E a última é a de compartir con todos nós o resultado deste traballo que fora exposto ata o de agora tan só na Capela de Santa María de Lugo.
A edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, que estivo presente neste acto, encomiou o gran traballo dos rapaces de Down Lugo, e apuntou que “desde Cervo sempre estamos dispostos a colaborar en iniciativas coma esta, tan enriquecedoras, e que contribúen a logran a integración total deste colectivo, un obxectivo que debe ser unha prioridade e unha responsabilidade de todos e todas”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



