Santiago de Compostela, 16 de Xuño 2018.- A portavoz nacional, Ana Pontón, propón aproveitar o cambio de Goberno no Estado para negociar co Executivo de Pedro Sánchez unha tarifa eléctrica galega que permitiría ás familias e empresas deste país reducir nun 15% o custe da factura da luz, aproveitando que Galiza é exportadora neta de enerxía.
Está é unha das demandas que o BNG inclúe na axenda de país que propón impulsar desde o Parlamento para defender en Madrid, a Axenda galega 2020 cunha batería de reclamacións ante o novo Goberno central que permitirá testar se o cambio supón acabar coa discriminación a Galiza.
“Hai un novo escenario político e temos que traballar para que tamén signifique un cambio no papel de Galiza no Estado, ata agora desaparecida debido a un presidente da Xunta sometido aos intereses do PP e a uns cargos electos que defenden os intereses das direccións dos seus partidos en Madrid pero non os deste país”, salientou Pontón, “desde o BNG queremos impulsar unha axenda de temas como a tarifa eléctrica galega que permita acabar co espolio enerxético de décadas”.
Esa tarifa propia, que suporía unha rebaixa do 15% nos costes enerxéticos de familias e empresas, non pode ser considerada utópica porque xa a ten Euskadi. “Por que se nos di que é imposible cando vemos que foi precisamente o PP quen negociou unha tarifa eléctrica vasca que lles permite aforrar 50 millóns de euros?”, interpelou, ao tempo que defendía mudar un modelo enerxético “que só se traduce en beneficios multimillonarios para as multinacionais eléctricas”.
Pontón facía estas declaracións na inauguración da Xornada de Enerxía organizada polo BNG no concello de Muras, elección que non é casual senón para poñer en valor a actuación do goberno municipal que lidera o alcalde nacionalista, Manuel Requeixo, que usa os ingresos dos muíños eólicos do municipio para abaratar a factura da luz á veciñanza.
“Este concello gobernado polo BNG é un exemplo práctico de que os beneficios da produción de enerxía poden poñerse ao servizo da poboación, un exemplo innovador que espertou o interese dentro e fora porque demostra que é posible poñer os recursos eléctricos ao servizo do ben común e do desenvolvemento local”, parabenizou Pontón.
Muras é o concello con máis aeroxenadores de Galiza, -cun total de 20 parques eólicos-, o que reporta importantes ingresos ás arcas municipais desde fai décadas, pero só foi coa chegada do Bloque ao goberno local nas pasadas eleccións que esta riqueza repercute directamente nos petos dos 800 veciños e veciñas do municipio. A través da bonificación do consumo doméstico, a luz é gratis para a maior parte da veciñanza polo seu nivel de ingresos.
Cambio de modelo
Camiñar cara un modelo sustentable, promover o autocosumo como alternativa ao monopolio das grandes eléctricas, rescate dos saltos e centrais hidráulicas a medida que caduquen as concesión, -moitas outorgadas durante o Franquismo-, ou a creación dunha empresa pública galega no sector foron algunhas das cuestións que Pontón puxo sobre a mesa como debate.
A xornada ten como poñentes a Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común, para abordar os conflitos entre os propietarios da terra e a instalación de parques eólicos; de Xosé Manuel Golpe Acuña, asesor enerxético da FAEPAC, para falar xestión enerxética desde os concellos; e de Fernando Branco, responsable de enerxía da CIG, e da portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, en relación á tarifa eléctrica galega.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



