A Mariña, 19 de Xuño de 2018. Unha avalancha de veciñas e vecinos dos Concellos de Valadouro e Alfoz acheagáronse ate a Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións(UMAR) colocada no centro de saúde de Valadouro, que a Plataforma Sanitaria desplaza o terceiro martes de cada mes a un centro de saúde da comarca, para facer reclamacións en demanda dun servizo de Pediatría para a zona. O volumen de nais e país de ambos concellos que se desplazaron a cumplimentar os formularios coas queixas era tal, que mesmo se formaron colas bastante longas. Ate alí tamén se desplazaron representantes das ANPAS dos colexios de Alfoz, Valadouro e do I.E.S. Alfoz-Valadouro. A estas queixas sumáronse as d@s veciñ@s que quixeron reclamar agardas excesivas en outros servizos como rehabilitación, oftalmoloxía ou traumatoloxía.
@ pediatra que atendía estes concellos foi eliminado hai anos , o que provocou movementos veciñais demandando a súa reposición e recabando 2.000 sinaturas.
Este problema non é novo, xa hai moitos anos que foi eliminado @ pediatra que atendía ás crianzas da zona, e que pasaba consulta un día en cada localidade. A súa retirada xa provocou movementos veciñais de rexeitamento nos anos 2007 e en anos posteriores, recolléndose unas 2000 sinaturas entre os dou concellos. Na actualidade @s nenas e nenos de Alfoz e valadouro que precisen atención pediátrica deben desprazarse ata Foz , onde unha soa profesional con unha reducción de xornada sen cubrir,ten que atender @s nen@s do concello de Foz e @s aproximadamente trescent@s nen@s que aportan Alfoz e Valadouro, o cal xenera unha presión asistencial inasumible para @ profesional. As consecuencias de todo esto son retrasos nas citas de control e seguimento de nenas e nenos que non garanten o dereito á atención especializada que debe asistil@s.
