A Mariña, 19 de xullo de 2018. A Mancomunidade de Municipios da Mariña solicita unha subvención de 240.000 euros á Xunta de Galicia para executar o II Plan Integral de Emprego. En total son 10 os concellos que están interesados en participar nesta iniciativa, a través da que se ofrecerá formación a 100 persoas, das que o 35% deberán ser insertadas laboralmente durante varios meses.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, declarou que “a Mancomunidade ten un interese grande en solicitar o plan integral de emprego. Xa tivemos a experiencia hai dous anos de facelo para seis concellos, e foi todo un éxito para a xente que se apuntou a este plan de emprego máis para os concellos que nos puxemos a facelo. Tivemos éxito total no aspecto de que insertamos laboralmente ao 25% e saíulle gratis a cada un dos concellos facer esa actividade”.
Llano salientou que “este ano hai novidades, xa que hai máis investimento na subvención. Nosoutros solicitamos 240.000 euros pensando en facelo o máximo e o mellor posible, e imos poñernos neste plan dez Concellos da Mancomunidade. Estes son: Ribadeo, Barreiros, Foz, Alfoz, Valadouro, Burela, Viveiro, Vicedo, Riotorto e A Pontenova. Imos intentar levar para adiante este programa integral de emprego que nos parece algo necesario e colaborativo coa xente que necesita que dalgunha forma se lles apoie no emprego”.
O presidente da Mancomunidade dixo que “o plan vai destinado para colectivos que dalgunha maneira están afectados pola falta de emprego, en paro de longa duración, que teñen algunha situación particular como violencia de xénero ou difícil acceso derivado dos poucos estudos. Imos procurar darlles tamén cobertura en bastantes especialidades como agricultura ecolóxica, xardineiría, forestal, hostalería, axuda no fogar, e incluso industrial. Tamén imos conseguir ofrecerlles formación en temas como preparación de currículos, inglés, informática, manipulación de alimentos, tratamentos fitosanitarios e de primeiros auxilios. Ademais hai unha cousa que nos parece importante, a min como educador, que é unha rama para aquela xente que precise mellorar a formación para poder presentarse a ciclos medios ou que remate a ESO. Imos darlles o ensino para que poidan acadar eses títulos, linguaxe, matemáticas e todo aquilo que sexa necesario para que saquen adiante o que consideramos imprescindible en estudos”.
Alfredo Llano engadiu: “consideramos que este novo plan de emprego é importantísimo, temos o apoio de dez Concellos e ademais unha boa contía. Imos tratar de facer unha boa labor, temos que insertar laboralmente, unha vez rematado o programa, ao 35%, pero cos dez concellos non cremos que sexa difícil. Hai que facer este programa para un mínimo de cen persoas, tal e como está agora o paro é fácil que poidamos conseguilo e se non se consigue mellor, porque quere dicir que está traballando a xente. Pero imos intentar conseguilo todo, a inserción do 35% que serían 35 persoas, e facer o programa para 100 persoas”.
Por outra banda, Llano dixo que “segue adiante o proceso de selección do xerente de Turismo da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Unha vez que remate a presentación da documentación, procederemos á selección. Gustaríame que todo estivese listo para que comezase a traballar a mediados de agosto”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



