Barreiros, 22 de xullo de 2018. Máis de 150 persoas acudiron a unha cita especial da ManiFesta da Patria Galega en Barreiros que, na súa XIV edición, ademais do tradicional xantar a base de bonito; foi aproveitada para presentar publicamente a persoa que encabezará a lista do BNG nas eleccións do vindeiro ano.
Rodeada por un nutrido grupo de veciñas e veciños e acompañada polo actual grupo municipal, outros cargos comarcais e locais do BNG e a deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil; Ana Ermida foi presentada como candidata á alcaldía de Barreiros para as eleccións municipais do 2019. Convértese así na primeira candidata confirmada non só en Barreiros, senón en toda a comarca, nun xesto que aseguran que é “a confirmación da boa situación do BNG en Barreiros”.
“A falta de practicamente un ano para as eleccións, o BNG en Barreiros do que está preocupado é de atopar as mellores propostas e de elaborar un programa co que poder traballar desde o goberno municipal para volver a poñer ao noso Concello no lugar que corresponde. O noso propósito é rematar con esta etapa de descontrol e incapacidade por parte do goberno municipal e, por iso, a nosa preocupación non son as persoas que van ocupar tal posto ou tal outro nunha lista electoral”, afirmou Ana Ermida.
Segundo Ermida, “o Bloque en Barreiros ten un proxecto solvente e conta con persoas capaces e dispostas a levalo a cabo; por iso non temos que darlle voltas aos nomes. A nosa será unha candidatura seria, avalada por un programa e unhas ideas coas que pretendemos un cambio en Barreiros que permita que as veciñas e veciños volvan a amosar orgullo ao dicir de onde somos.”
“Queremos que en Barreiros tamén se abra un tempo de esperanza, que ocupe espazos positivos e que se fale do noso Concello por ter iniciativas, propostas, boas novas. Queremos converter Barreiros noutro Ribadeo, Muras, Allariz ou Pontevedra. Que a xente saiba que hai un proxecto de Concello e que somos quen de levalo adiante.”
Presentación da Xanela, o voceiro municipal.
A formación nacionalista aproveitou tamén a cita para distribuír os primeiros exemplares do novo número do seu voceiro, A Xanela. Nesta edición, seguindo o formato da anterior, utilizan as súas páxinas centrais para facer un seguimento do traballo e a situación existente no ámbito municipal, que centra a totalidade do contido da mesma. Recolle tamén unha entrevista a Ana Ermida e reseñas de Antonio Veiga, Montse Porteiro e Dámaso Ratoeira, como integrantes do actual grupo municipal na corporación barreirense.
Segundo Ana Ermida, “a edición deste número da Xanela vén a complementar o traballo de contacto directo coa veciñanza que se está a facer desde o Bloque en Barreiros. Estes tres anos apostamos por estar permanentemente en contacto coas veciñas e veciños, con moito traballo de corpo a corpo e presenza importante nas parroquias, con visitas e reunións.”
“Aínda que as nosas propostas e iniciativas son trasladadas directamente nas asembleas que vimos realizando nas parroquias, quixemos tamén recollelas de xeito resumido na Xanela, para achegala a todos os fogares barreirenses”, aseguran.
Desde o BNG anuncian que proximamente realizarán novas reunións nas parroquias, fundamentalmente para recoller propostas ou inquedanzas que queiran trasladarlles de cara a elaborar o programa electoral das municipais de maio.
Así, o BNG adiántase e xa ten iniciado en Barreiros o traballo electoral para afrontar as vindeiras municipais “cargadas de ideas, propostas, ilusión e ganas de sacar a Barreiros deste despropósito no que o ten sumido o goberno do Partido Popular. Temos equipo, temos capacidade e temos posibilidades. Nestes meses traballaremos para que ninguén que queira que en Barreiros se produza un cambio quede sen participar e tomar parte neste proxecto que é, sen dúbida, o máis ilusionante para este concello nos últimos anos”, conclúe Ana Ermida.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



