Madrid, 20 de xullo de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu hoxe na sede madrileña de ‘Pangea’, a tenda de viaxes máis grande do mundo, o acto de presentación da XXVII edición do Mercado Medieval que se desenvolverá do venres 10 ao domingo 12 de agosto na cidade mariñá.
A rexedora subliñou que esta cita, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Galego, achega Mondoñedo ao seu pasado medieval do que conserva o seu entramado urbano e, polo tanto, se erixe como “o mellor escenario” para a celebración desta feira medieval. “Esta é unha das súas fortalezas fronte a outras celebracións galegas, xunto ao feito de ser a segunda máis antiga destas características e o de terse consolidado como un mercado atractivo para artesáns de diferentes comunidades”, indica.
Durante o acto, Elena Candia estivo acompañada polo responsable de relacións institucionais da Asociación Pueblos más bonitos de España, Pedro Fernández Arroyo, e polo recoñecido blogger de viaxes, Diego Pons. Ambos son “dous grandes apoios” á hora de ofrecer “máis difusión sobre os nosos reclamos como vila”.
Máis de 35.000 visitantes
A alcaldesa destacou a transcendencia deste evento ao superar os 35.000 visitantes durante os tres días da última edición converténdose no principal reclamo turístico da vila. Deseguido, Elena Candia convidou a participar neste mercado medieval que se desenvolve nun “marco incomparable” e cunha cidadanía “implicada coa súa celebración dende as súas orixes”.
De feito, a rexedora mindoniense recordou tamén durante a súa intervención ás asociacións colaboradoras como é o caso dos Amigos do Mercado Medieval, a Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Pasatempo que “ano tras ano traballan desinteresadamente” para facer desta cita unha festa de retorno ao medievo.
Novidades no programa
Unha mostra máis da implicación dos veciños e colectivos do municipio chega este ano coa participación dos membros da Escola de Música que estrearán un espectáculo de teatro musical ambientado na época medieval mindoniense. Tamén Souto Xímaro se une á celebración ofrecendo concertos de música da época. En total haberá máis de 70 actividades ao longo de toda a fin de semana e preto de 150 postos.
Esta nova edición continúa a ofrecer tamén numerosas horas de actividades dirixidas tanto a maiores coma a pequenos que inclúen recreacións históricas, teatro, música e demostracións en vivo; ademais de postos de artesáns que repiten cada ano, entre outras propostas que mergullan á localidade na época feudal.
Saúdos,Gabinete de Comunicación
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



