Santiago, 5 de xullo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a reforzar a investigación no ámbito gandeiro a través do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) e do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, así como incrementar a formación aos gandeiros a través dos centros de formación e experimentación agroforestal de Sergude, Becerreá, Monforte de Lemos e Pedro Murias en Ribadeo. A iniciativa demanda, ademais, a renovación do convenio con Xenética Fontao, S.A. para o plan de mellora xenética do frisón de Galicia.
O deputado popular Daniel Vega avogou porque a Xunta “siga impulsando, traballando e dotando de orzamento para que o noso leite siga sendo de calidade”. Neste sentido, apuntou que “reforzando a investigación, incrementando a formación e renovando convenios para promocionar a nosa xenética estaremos dando na clave do éxito”.
GANDEIRO, EMPRESARIO
Na súa intervención, Vega manifestou que o futuro das explotacións gandeiras galegas “pasa polo I+D+I e os derivados lácteos”, polo que indicou que “o gandeiro ten que ser empresario: producir o leite pero tamén transformar este produto, porque o futuro pasa por darlle valor engadido ao leite”.
Daniel Vega salientou o traballo que desenvolve o LIGAL no control da mamite, a brucelose e a leucose, “sen esquecer o mantemento do control da tuberculose, aínda que nestes momentos teña unha presenza mínima na nosa cabana do 0,05 por cento”.
Así mesmo, avogou por “seguir impulsando a formación que teña beneficios directos para os gandeiros”, sobre todo en materias relacionadas co uso das novas tecnoloxías no manexo das explotacións. Neste ámbito, salientou a importancia da formación para garantir o relevo xeracional nas nosas explotacións.
“Hai que seguir apostando pola xenética”, indicou o deputado popular. Así, dixo que “se sumamos animais con condicións sanitarias perfectas, bo alimento, bo manexo no día a día da granxa con benestar animal e o completamos cunha boa xenética pechamos o círculo da boa xestión gandeira”.


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



