Con saída na Aldea de Arriba de Morás(Xove), accederon ao Cota da Vela, pico máis alto da costa de Xove, e onde se encontra soterrado un dos castros máis grandes de A Mariña, para continuar polo ruta do Camiño Natural do Cantábrico, ata a Illa de Sarón, onde fixeron unha pequena acampada de preto de 2 horas para observar a choiva de estrelas “Perseidas”. Tumbados no chan, e facendo acopio dun pequeno “picnic”, gozaron dunha gran noite, totalmente despexada, aínda que o numero de avistamentos non foi moi elevado, os poucos que se viron foron espectaculares. Só con mirar o ceo tan cheo de estrelas, a relaxación foi total. Á da mañá seguiron camiñando para voltar ao punto de saída.
