Lugo, 17 de agosto de 2018. O Deputado Provincial, Pablo Rivera Capón, avanzou que o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno melloras de 333.000 euros en 13 quilómetros de 5 estradas no municipio de Ourol, “dentro da nosa aposta pola mellora das comunicacións e infraestruturas públicas que dispoñen os nosos veciños, especialmente os do rural”.
Logo da aprobación en Xunta de Goberno do inicio da contratación, abrirase o prazo para que as empresas interesadas en executar estes traballos presenten as súas ofertas.
As actuacións que se realizarán con estes fondos da Deputación son:
7.9 quilómetros da LU-P-3801, que vai de Ouro Ás Lobeiras polo Carmen, entre os puntos quilométricos 1,9 e 9,8
1,6 quilómetros da LU-P-3802, que vai de Ourol á Igrexa de Ourol, entre os puntos quilométricos 0 e 1,6
1,7 quilómetros da LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras, entre os puntos quilométricos 6,5 e 8,3
450 metros da LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, entre os puntos 0 e 0,450
850 metros da LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras, entre os puntos quilométricos 0,9 e 1,7.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



