Lugo, 02 de agosto de 2018. O Executivo Provincial colabora coa XXXIV Feira do Bonito de Burela, que comeza este xoves e prolongarase ata o domingo. Ao longo da fin de semana, serviranse máis de 3.500 quilos de bonito, repartido en preto de 5.000 racións. Ademais da Feira do Bonito esta fin de semana terán lugar outros dous eventos importantes en Burela como son o II Certame de Pintura Mural AMARTE, que está incluído na programación da mesma feira, e a 16ª Feira Produart. O Goberno da Deputación destina 21.000 para colaborar con estes tres eventos.
Dende o xoves 2 e ata o domingo 5, na vila de Burela terán lugar máis dunha decena de actividades distintas a través das que se dará a coñecer a gastronomía do Concello, por medio do principal recurso pesqueiro e económico desta, á vez que reunirá varios milleiros de visitantes, dinamizando a economía e actuando coma un importante reclamo turístico. Ademais das actividades gastronómicas, a feira incluirá actividades culturais, deportivas, musicais e infantís. O pregoeiro desta edición da feira será o ex xogador de baloncesto Fernando Romay.
O día 4 de agosto, día central desta feira, espérase servir preto de 3.500 quilos de bonito. Os comensais poderán elixir entre a ración clásica de bonito á grella, en empanada ou cocido, cun prezo de oito euros; unha tapa de salpicón, que custará 2 euros; ou unha ración de marmitako, que terá un prezo de 4 euros.
II Certame de Pintura Mural AMARTE
Nesta mesma fin de semana, Burela acollerá a segunda edición deste certame, no que 10 artistas seleccionados entre 33 participantes, plasmarán a súa obra no muro do porto da vila, converténdoo nunha vistosa mostra cultural e nun reclamo para a vila. Entre os 10 seleccionados para inmortalizar a súa obra, entre os días 2 e 5, as súas obras atópanse 5 lucenses, outros 3 artistas galegos, un madrileño e un navarro.
Produart
Nas mesmas datas, o porto de Burela acollerá unha terceira cita de grande importancia como é a 16ª edición de Produart, a feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que reunirá máis de 50 artesáns de todo tipo. O Executivo Provincial patrocina tamén esta cita cun investimento de 5.000. Esta feira será de acceso completamente gratuíto para todos os que desexen achegarse.
Programación da Feira do Bonito
Nesta XXXIV edición, a Feira do Bonito de Burela, incluirá máis de 10 actividades diferentes, entre as que se inclúe o certame AMARTE. O programa completo é o seguinte:
Xoves 2 ao domingo 5:
II Certame internacional de pintura mural AMARTE, que organiza a Delegación de Cultura do Concello de Burela.
Xoves 2 ao sábado 4:
Mostra de cine ULTRAMAR no salón de actos da Confraría de Pescadores, organiza Raso Estudio.
Venres 3 ao sábado 4:
I Torneo 3×3 Feira do Bonito, na Praza da Mariña, organiza Club de Baloncesto Burela e Concello de Burela. A entrega de premios, que será a cargo de Fernando Romay, será o sábado as 18:00 horas.
Sábado 4:
-Ás 12 horas: Pasarrúas a cargo de A Charanga Mekánica.
-Ás 13:30 horas: Recepción de autoridades e convidados no barco-museo “Reina del Carmen” e recoñecemento da bandeira Azul. Presentación da Feira do Bonito e nomeamento do asador Maior.
-Ás 14:00 horas: Pregón a cargo de Fernando Romay. Ao remate, apertura da degustación Gastronómica.
-Ás 17:30 horas: Xogos e actividades infantís.
-Ás 21:00 horas: Presentación do festival Osa do Mar 2018 e concertos de Os Amigos dos Músicos e Korrontzi
Domingo 5 de agosto
-Ás 11:00 horas: Entrega de premios do certame de pintura mural AMARTE.
-Ás 13:00 horas: Sesión vermú con Superglu e degustación de marmitako de bonito.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



