Os días 24,25 e 26 do actual, celébrase en Foz a VIII Festa Normanda; efeméride histórico/ lendaria que entronca coa mais soada das tradicións populares da bisbarra.
En 1976- hai xusto 42 anos- publicaba este cronista o seu primeiro libro – “Guía Histórica e Artística de San Martiño “- que era tamén o primeiro que se editaba sobre a devandita igrexa,ex/catedral e actual basílica; precedente da Dióceses de Mondoñedo.
Cando nos afanábamos recopilando datos referidos á mesma, na vella biblioteca parroquial dimos cun vetusto documento que, extractado, dí: “el más notable, al que el pueblo canonizó como Obispo Santo, fue un Gonzalo cuya existencia se centra en el S.IX, sin que se pueda precisar los años en los que gobernó la diócesis, pues la información es debida a la tradición oral, sin documentar, por tanto;lo que motivó que algunos dudaran de su existencia…”.
O Padre Flórez, na súa “España Sagrada,” refire tamén a personalidade deste Gonzalo e, en 1715, faino o bispo de Mondoñedo, don Manuel Navarrete. En vello documento,medio carcomido polo paso do tempo, poidemos ler, referido á miragre das naves normandas: ”Habiendo arribado a la costa del mar de Foz una numerosa armada de normandos que venían a robar las iglesias y habitantes, y a extinguir la fe que profesaban; no fiando la defensa a las fuerzas humanas se valió de las divinas y, desnudos los pies y con una cruz a cuestas, ordenó una procesión…”, ata chegar ó alto da Grela, dende onde implorou ó Noso Señor a súa protección, que se consumou, “quedando todo el pueblo ,y aún todo el reino, lleno de admiración por el prodigio…”¿Pode darse por real este feito?. O cronista omite todo xuizo de valor, xa que de tratarse, como algúns dín, “dunha cuestión de fe”, e posto que ésta é algo personal e intransferible, cada quen que administre a súa… Para nós, a hipotética polémica carece de interese e apuntámonos á coñecida sentencia: “si non é vero é bene trovatto”; e preguntámonos se, no seu caso, a imaxinación,o sentido do humor e o enxeño, ¿non son valores a ter en conta…? ¡disfrutemos deles! ¡E feliz festa normanda!.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



