Mondoñedo, 20 de agosto de 2018.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ecovidrio e o Concello de Mondoñedo colaborarán para concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar os envases de vidro con motivo da Volta Ciclista a España 2018, que este ano comezará unha das súas etapas desde o municipio lucense.
Baixo o lema Recicla vidro e pedalea, a iniciativa pretende aproveitar o tirón e o reclamo que supón o paso deste evento deportivo por varias localidades de todo o país para sensibilizar no respecto ao medio ambiente a veciños e amantes do ciclismo, e implicalos á vez no obxectivo de incrementar as taxas actuais de recuperación destes residuos.
Así o subliñou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, que participou esta mañá na presentación da campaña en Mondoñedo xunto á alcaldesa Elena Candia, e ao xerente en Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández.
Con motivo do paso da Volta a España por Mondoñedo, desde hoxe o municipio conta con 6 novos colectores vinilados coa imaxe da campaña Recicla vidro e pedalea. Todos os envases que se recollan neles, serán utilizados por Ecovidrio para deseñar e fabricar un trofeo sustentable que se lle entregará á alcaldesa o próximo 6 de setembro, coincidindo coa saída da etapa 12 da Volta a España.
Así mesmo, outra das principais novidades da campaña deste ano será a programación de batidas de recollida de residuos por parte de voluntarios durante parte do trazado. Estas accións de limpeza están previstas en 8 das 21 etapas das que consta a carreira, sendo Mondoñedo un dos municipios escollidos.
Este ano tamén se porá á venda un mini iglú solidario da Volta a España 2018 e por cada mil unidades vendidas, Ecovidrio comprométese a doar unha handbike ao Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo.
A Volta Ciclista a España percorrerá do 25 de agosto ao 16 de setembro todo o país polo que supón un escaparate excepcional para que os afeccionados ao ciclismo e á cidadanía en xeral poidan coñecer de primeira man os beneficios ambientais de reciclar vidro.
2017, o maior incremento en 5 anos
A reciclaxe de vidro é un elemento fundamental para contribuír ao desenvolvemento sostible da sociedade de acordo cos principios da economía circular, que se basea en conseguir a reincorporación dos residuos ao ciclo produtivo co fin de darlles unha nova vida.
Nas dúas últimas décadas, a taxa de reciclaxe deste tipo de residuos experimentou un crecemento exponencial no conxunto do país e tamén en Galicia grazas á colaboración público-privada entre as administracións e Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe de envases de vidro en España.
Así, no ano 2017 os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro, un 5,5 por centro máis que no exercicio anterior. Este dato supón o maior incremento da recollida selectiva a través do contedor verde dos últimos cinco anos e sitúa a Galicia, cunha taxa de recollida de 16,1 quilos por habitante, na media española e nunha boa posición respecto a Europa.
No caso concreto de Mondoñedo, durante 2017 recicláronse un total de 34.072 kilogramos de vidro, é dicir, 9,2 quilos por habitante. Respecto á taxa de contenerización, Mondoñedo se sitúa cunha media de 207 habitantes por colector, contando na actualidade cun total de 18 iglús instalados para a xestión deste tipo de residuos no municipio.
Verdear é a actitude
Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente presentou antes do verán a iniciativa Verdear é a actitude, coa que se pretende mellorar o comportamento ambiental dos galegos a través de accións de concienciación, convertendo os seus xestos e esforzos en hábitos e costumes sustentables que axuden a mitigar os efectos do cambio climático. Un dos focos de atención desta iniciativa son, precisamente, os eventos deportivos que congregan con motivo da súa celebración a un gran número de participantes e afeccionados.
Nesta filosofía enmárcanse tamén as actuacións impulsadas este verán conxuntamente con Ecovidrio con motivo da celebración de numerosos festivais, eventos e feiras gastronómicas. O obxectivo é integrar o concepto de sustentabilidade na organización de festexos de gran proxección en Galicia, cos que se implantarán hábitos de produción e consumo responsables por parte de empresas. patrocinadores, voluntarios e público.
Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente estivo presente xa coa programación de diversas accións dirixidas a fomentar a sustentabilidade destes eventos durante a celebración do San Xoán en A Coruña, declarada de Interese Turístico Internacional, na Festa do Albariño, que se celebrou a comezos de agosto en Cambados, e tamén o estará no San Froilán, en Lugo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



