Ribadeo, 3 de setembro de 2018. Acisa Ribadeo remata a súa programación de verán este xoves, 6 de setembro, coas actividades infantís que se enmarcan dentro da programación das festas patronais da vila.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, anima “a veciños e visitantes a participar da semana grande das patronais de Ribadeo e a que todos disfruten das verbenas e das atraccións no recinto feiral. Ademais, nesta última semana de vacacións para moitos, invitamos a que saboreen a gastronomía dos nosos restaurantes e que gocen do bo servizo e do ocio en bares e pubs. Tamén que aproveiten os últimos descontos e os avances de tempada, que atoparán nas nosas tendas e que nalgún caso poden favorecer as compras para a volta ao cole”.
Acisa Ribadeo agradece á comisión de festas “o traballo que realiza, que é moi laborioso, e queremos darlles a noraboa porque Ribadeo siga tendo unhas grandes festas patronais. Ademais Acisa dá as grazas a comisión organizadora por permitirlle colaborar, dentro das posibilidades da asociación, cun evento tan importante para Ribadeo como son os festexos na honra de Santa María do Campo.
Iriarte manifestou que “tras a celebración das festas péchase un verán quizais non tan bo que se esperaba, xa que a meteoroloxía non axudou sobre todo en xullo, e o comercio e a hostalería notárono. Por iso desde Acisa facemos unha valoración prudentemente positiva porque, aínda que non temos cifras oficiais, contamos coas impresións dos nosos asociados. No mes de xullo axudounos a festa indiana para compensar o mal tempo, e agosto foi un pouco mellor tanto para o comercio como para a hostalería”.
Pola súa banda, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “a asociación pecha un verán no que organizou máis de dez actividades propias, como o reparto de bolsas gratuítas para os socios, a distribución de vasos tamén gratuítos para a festa indiana, campañas como a Noite Cálida e Os prezos arden, o Mercado de Rúa ou o primeiro Desfile de Charangas, entre outras. Ademais colaboramos con máis de media ducia de entidades na organización de eventos que atraen clientes e serven para dar a coñecer Ribadeo, como son os torneos da SD Ribadeo, o Emma Cuervo, o Torneo de Veteranos e a Semana Náutica”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, subliñou que “a valoración do noso traballo interno cara aos asociados é positiva, posto que chegamos a máis zonas de Ribadeo do que se fixo nunca con distintas actividades, puidemos entregar unha cantidade significativa de material gratuíto aos nosos socios e medramos case en 25 asociados desde finais de maio, ademais de repartir máis 2.500 euros en premios de vales de compra só durante o verán. Como todo traballo por suposto pódese mellorar e traballamos para facelo”.
Iriarte anunciou que “agora xa estamos inmersos na programación do último trimestre do ano e esperamos que a volta ao cole e o comezo da nova tempada en setembro, se o tempo acompaña, poidan compensar este verán frouxo en vendas. Desde Acisa traballamos xa na programación das novas actividades publicitarias para dar a coñecer e potenciar Ribadeo, máis aló da nosa contorna, coa campaña de Domingueo en Ribadeo. Estamos perfilando tamén unhas xornadas gastronómicas e estamos centrados en crear unha campaña potente para este Nadal. Todo isto completámolo coas xestións que levamos a cabo diante coas distintas administracións para atender os intereses dos nosos asociados”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



