Lugo, 14 de setembro de 2018. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, lembrou que este sábado, día 15, comeza a sétima edición do Volante Deputación, no Circuíto da Pastoriza. Trátase dunha actividade promovida polo Executivo Provincial, cunha achega de preto de 17.000 euros, que pretende achegar e formar aos lucenses no mundo do motor.
Esta iniciativa, que a Deputación puxo en marcha no ano 2012 conxuntamente co Concello da Pastoriza e Escola PTC (Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Condución), brindou xa a oportunidade a 6 lucenses de correr o seu primeiro rally e ao longo de 6 edicións reuniu a máis de 1.000 afeccionados do mundo do motor que recibiron formación en condución segura.
O Deputado explicou que “esta actividade pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rally como o San Froilán, ademais, todos os inscritos poden formarse para ser uns condutores máis hábiles e seguros”.
Rivera Capon lembrou “o compromiso do Goberno da Deputación cun deporte con tanto arraigo e importancia na nosa provincia, o que leva a que sexamos a primeira administración que pon á disposición dos nosos pilotos axudas e formación”.
O VII Volante Deputación
A selección, que terá lugar os días 15 e 16 se setembro no circuíto da Pastoriza, contará coma en anos anteriores, con dúas fases diferentes. A primeira será de formación, nela todos os participantes recibirán un curso de técnicas de condución seguras e de competición. Tras esta fase, levarase a cabo unha primeira selección de 14 pilotos semifinalistas a través dunha proba cronometrada. Os semifinalistas continuarán coa formación e disputarán unha cronometrada final da que sairán os tres pilotos máis veloces. O primeiro deles poderá participar no 40 Rally San Froilán, que se celebrará entre os días 27 e 28 de outubro, pilotando un Suzuki Swift Copa. Antes da proba recibirá, xunto cos outros dous finalistas, unha formación específica de competición para poder afrontar a proba con todas as garantías. Rematado o proceso integrarase ó piloto titular no equipo PTC para participar no Rally.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
