Viveiro 20-9-18. Este venres celébrase o Día Mundial do Alzheimer e dende o Concello de Viveiro, especialmente sensibilizado con esta enfermidade, queremos manifestar o noso apoio e a nosa solidariedade aos afectados. Consideramos que o alzheimer é un problema socio-sanitario de primeira magnitude, a epidemia do século XXI; unha enfermidade especialmente dura, triste e cruel cuxa dependencia afecta non só á ao enfermo, senón tamén á súa familia.
Neste sentido, quero aproveitar a ocasión para agradecer publicamente á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro polo seu traballo, compromiso e dedicación, polos esforzos realizados para mellorar a calidade de vida dos viveirenses afectados por esta doenza e das súas familias, prestando asistencia psicolóxica e ofrecendo servizos e apoio e respiro familiar.
Dende o concello de Viveiro, convencidos da gran labor desenvolta e comprometidos coa causa, conscientes dos efectos desta doenza, vense colaborando con esta asociación mediante recursos humanos e materiais para a prestación dun servizo do que se benefician tanto os propios enfermos coma as súas familias, incluíndo nesta colaboración a autorización de uso dunha parte das dependencias municipais sitas nos Claustros de San Francisco, os alimentos que se lles proporcionan aos pacientes mentres están no servizo e a labor do persoal municipal encargado de atender aos usuarios do centro en horario de mañá e tarde.
Quero, finalmente, deixar constancia do compromiso que a administración que represento mantén con esta doenza, animando a que todos nos impliquemos para avanzar xuntos cara unha mellor calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e dos seus familiares.
Neste sentido, este ano o Concello de Viveiro, en coordinación coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, vai levar a cabo unha iniciativa co fin de darlle máis visibilidade a este día e, consecuentemente, colaborar súa na conciención. Así, ao longo de todo o día de mañá, unha gran pancarta colgada da casa do concello fará referencia á celebración desta data e, pola noite, a Porta de Carlos V iluminarase de cor lila como mostra de apoio e solidariedade con todos os afectados.
A alcaldesa,María Loureiro García






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



