Burela, 27 de Setembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Burela vai pedir explicacións no pleno desta tarde ó alcalde, o señor Alfredo Llano, sobre os avances levados a cabo en relación coa construcción do novo pavillón polideportivo na vila. Cabe recordar que no mes de Xuño o goberno local comprometérase a redactar un proxecto, facerse cos terreros e obter compromisos tanto da deputación como da Xunta de Galiza e incluso da administración central do Estado para a financiamento do mesmo. “Desde ese intre estamos agardando aínda que as novas que temos non son boas. O alcalde presentouse na Xunta cunha simple memoria, para nada un proxecto detallado da obra, da que nos enteramos pola prensa da súa existencia e tivemos que solicitar acceso. Visto iso pedimos a convocatoria dunha xunta de portavoces pola que aínda estamos agardamos. É hora de que o alcalde de a cara e ofreza explicacións no pleno” sinalou o voceiro do BNG Mario Pillado.
Os nacionalistas tamén levaron iniciativas á sesión plenaria.
Ademais desa demanda, o BNG de Burela presentou dúas iniciativas no pleno deste xoves. Unha sobre a modificación da Lei de Portos de Galiza, na que aproveitaron para suliñar o malestar e os problemas de tráfico creados entre a veciñanza por unha modificación da circulación do tráfico no cruce entre as rúas Eijo Garay e O Berbés. “Sería bo que os concellos poideran chegar a acordos con Portos de Galiza neste tipo de ámbitos e observamos un gran afán recordatorio nas sancións previstas, algo que nos parece desfasado” indicou Pillado.
A outra proposta foi unha moción en apoio ás persoas denunciadas por reclamaren a devolución do pazo de Meirás. Neste punto os nacionalistas recordaron o acordo tomado no anterior pleno para a creación dunha comisión que revise os vestixios franquistas na nosa vila, comezando pola rúa e o título de fillo adoptivo de Eijo Garay. “Agora nos reclamamos que cumpran o que eles mesmos aproban en solitario e se revise tanto o nome da rúa como o título concedidos ó bispo franquista” espetou Mario Pillado.
O BNG cre que Burela debe reprobar ó PP e ó PSOE
Acerca da reprobación do alcalde, os nacionalistas teñen claro que o pleno de Burela debería reprobar en todo caso ó PP e ó PSOE polo abandono ó que teñen sometido en Burela, por iso “propoñemos incluír a reprobación de José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo, posto que ó señor Barcia xa o reprobaron as urnas e o señor Alfredo Llano vai camiño diso” comentou o voceiro do BNG antes de recordar que “Balseiro ten esquecido o concello de Burela e necesidades tan importantes como a nova EDAR ou o novo Pavillón”