Burela 28-9-18. A xuntanza enmarcouse dentro da rolda de contactos que os populares veñen mantendo ao longo dos últimos meses por todo o territorio mariñano, co fin de escoitar aos diversos colectivos, recoller as súas propostas e trasladalas ás administracións con competencias na materia.
Asemade, con este encontro os populares tamén quixeron poñer en valor a actividade que desenvolven estas dúas asociacións, pois no caso de ACIA, esta é unha das patronais máis xoves e dinámicas da Mariña, con máis de 150 asociados.
Precisamente, dende o mes de febreiro, unha nova directiva dirixe este colectivo, co que se abriu unha nova etapa para dita entidade.
A asociación de Asadores tamén destaca na localidade por súa actividade, sendo unha parte moi activa en iniciativas que se desenvolven no burelés, como a Festa da Castaña.