Lugo, 14 de setembro de 2017. O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participou este venres na inauguración do máster en Produción de Leite, co que colabora o organismo provincial. Durante o acto, Santos Ramos apuntou que “a ralentización do sector leiteiro ven producido pola falta de estímulo real da profesionalización do sector gandeiro en xeral, e da produción de leite en particular, que se fixo con certo retrase en comparación con outros territorios, que si que asumiron esta actividade como algo de futuro e de vangarda, non como un sector precario e propio de outros tempos”.
Santos Ramos apuntou que “a nosa economía e o noso modo de vida mudaron e, con eles, mudaron as costumes produtivos, os enfoques e os plantexamentos das propias explotacions. É por iso polo que, a comunidade educativa se viu na necesidade de continuar adaptándose a este novo escenario, buscando novas oportunidades e ofertas para atender a realidade”.
“Se en Lugo producimos o 20% do leite que se produce en España, e non producimos máis é porque algo non se ten feito ben ata o de agora, como por exemplo a tan ordenación necesaria do territorio, non so para explotación de traballo agrícola, senón tamén para outras”, apuntou.
“A través deste máster, a universidade promove un feito moi importante, que é ese coñecemento e estudo das necesidades reais do sector. De feito, porque hai unha demanda moi ampla, sobre todo na Cornisa Cantábrica de técnicos especialistas na produción de leite, que saiban abordala, plantexala e planificala desde unha óptica ampla e transversal”.
Santos Ramos apuntou que o máster ten un recoñecemento moi importante, tanto polo altísima calidade de docencia e práctica, así como pola inserción laboral destes profesionais. “É por iso é polo que, dende a Deputación, continuaremos a traballar man con man coa USC, para que o Campus Terra continúe a ser un Campus de referencia”, concluíu.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



