Cúmprense 50 anos da súa primeira saída ao mar e o Concello quixo celebralo coas tripulacións deste boniteiro convertido hai anos no primeiro museo flotante de España, co obxectivo de achegar o mundo da pesca á poboación da zona e aos turistas. Foron 30 anos surcando os mares e capturando bonito e moitas as historias vividas a bordo. Tripulantes e guías do Reina del Carmen foron os protagonistas deste día no que estiveron acompañados e arroupados polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, polo concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, por autoridades políticas locais, provinciais e autonómicas e por representantes de Absa e da confraría de pescadores burelesa. Este sábado celebrouse unha charla, houbo entrega de agasallos e visita ao boniteiro homenaxeado. Xa pola tarde tivo lugar unha xornada de portadas abertas para que todos os que o desexasen puidesen visitar o barco museo Reina de Carmen.
Xornada moi emotiva a vivida en Burela nos actos de homenaxe ao barco museo Reina del Carmen
Xornada moi emotiva a vivida en Burela nos actos de homenaxe ao barco museo Reina del Carmen
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder