Burela, 1 de novembro de 2018. A Casa da Cultura de Burela acollerá mañá, venres, a partir das 20:30 horas a ópera Madame Butterfly, de Puccini. Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela, considera un luxo para A Mariña ter un espectáculo destas características tan preto. E descríbea como unha das últimas xoias do bel canto.
Carballal lembrou que “xa é a terceira vez que gozamos dun espectáculo así en Burela e nesta ocasión farémolo cunha ópera de Puccini. É un luxo que na Mariña podamos gozar dunha ópera, que, como se soe dicir, é o espectáculo total, onde se combinan todas as artes escénicas. Esta ópera, Madame Butterfly, que é unha das máis emblemáticas de Puccini e dado tamén o exotismo do argumento, que nos traslada ao Xapón do século XIX, é unha ópera para gozar. Ten unhas das páxinas máis fermosas xa non só da historia da ópera senón da historia da música”.
O director da Escola Música de Burela dixo que “os que acudan mañá a Burela van poder ver e gozar a que é considerada como unha das últimas xoias do bel canto. É unha obra que, paradoxalmente, no seu estreo só constaba de dous actos e foi un rotundo fracaso, o que deixou moi afectado a Puccini. Non se esperaba isto e cando xa era un compositor operístico refutado e supúxolle un mazazo grande. Pero é normal ao poñer tanto talento e tanta preocupación, porque Puccini investigou a música xaponesa, a tradición oriental, a arquitectura, arte, cultura e conseguiu un traballo para unha posta en escena emblemática. E atopouse con ese fracaso rotundo de público, que incluso asubiaba; e ao mellor os espectadores igual tiñan a súa razón, dado que o segundo acto era bastante longo e non chegou ao público, ao que xa o primeiro acto deixara un pouco frío”. E seguiu a relatar: “pero o que fixo Puccini foi remodelar un pouco todo e a partir de aí fixo tres actos e cambiou varias cousas da orquestración; e a que vamos escoitar mañá é preciosa, darémonos conta de que acto está acompañado puntualmente pola orquestra. Como lles digo moitas veces aos meus alumnos, o labor de composición ten bastante que ver coa gastronomía, que diría Rossini tamén, porque todo hai que configuralo e mesturalo na súa debida proporción”.
Para Xan Carballal “imos ver unha obra mestra onde iso está levado ao límite. E poderemos observar como dunha forma maxistral acomete melodías que están sacadas da tradición xaponesa e como as mestura coa música máis occidental, porque unha das cousas que se ve na obra é ese choque de culturas, entre a oriental e a occidental. E á xente pídolle que se meta ou pouco no papel porque vai gozar como nunca. Téñoo moi claro”.
A venda de entradas en taquilla o venres, para asistir será de 18:30 a 20:00 horas.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



