Nas memorias que teño a man non consta que san Lucas, que ademais de escritor de evanxeos, médico e pintor foi un gran viaxeiro, fíxese uso de cabalgadura nos seus frecuentes paseos canda san Pablo por Grecia e Exipto. San Pablo, antes Saulo, si usou montura como é ben sabido, polo menos ata o día da famosa caída no camiño de Damasco, suceso que nos fai dubidar da súa pericia como xinete pois, amais de deixalo cego, fíxolle mudar de relixión.
Porén, foi Lucas e non Pablo, mil anos despois, quen tivo a fortuna de darlle nome á feira cabalar máis antiga de todo o occidente cristián. Unha coincidencia que desde hai máis de 860 anos converte Mondoñedo estes días outonais nun curro urbano no que se citan centos e centos de eguas, cabalos e poldros montaraces.
Duns anos para acó a entrada das bestas na cidade volveuse solemne, ritual. A cerimonia de recepción, sempre o 17 pola tarde, esixe preparación. As greas acicálanse nos arrabaldes e o paseo que as conduce desde o barrio dos Muíños ata o Campo dos Paxariños semella, máis ca piso pétreo, pasarela de exhibición. Ao trote ou ao galope, por San Roque e a rúa Cunqueiro cara a Fonte Vella onde sempre é obrigada unha parada reparadora.
Hai unha coñecida fotografía de Cunqueiro montado nun cabalo cabo da Fonte Vella e da casa en que naceu. A fotografía tirouse no punto exacto onde el puido imaxinar a Alice, a viúva de Bath, chegar a Mondoñedo montada nunha egua, cuberta cun chapeu ancho de rodela e un mantón tapándolle os cadrís. Por alí tivo que pasar tamén o cabalo de Alberto Merlo, o que lía o xornal canda o amo, punto probablemente onde tamén o propio Cunqueiro ponderou o perfume outonal da herba acabada de segar.
Estou convencido de que entre os équidos que desfilan polas rúas mindonienses, andan camuflados algúns dos cabalos que trotan polas mitoloxías cultas e populares de antano e de hogano. Cabalos míticos, como Pegaso ou Arión, mitificados como Briador, Babieca, Bucéfalo ou Rocinante. Cabalos negros como o da Fiaña ou o de San Xurxo, brancos como o de Santiago ou os que se aparecen onde hai ánimas penando, cabalos unicornes, do demo e do inferno que botan laparadas de lume polos ollos e pola boca. E tamén, por que non, os cabalos do Aire, do Vento e do Pensamento que aparecen no conto de Brancaflor. Eguas como as de Diomedes que comían carne humana, e sempre os cabalos de cores azuis, verdes, amarelas ou vermellas que retrata Xosé Vizoso despois de mirar o mundo polos ollos de Franz Marc.
Desde a Fonte Vella a orquestra cabalar cruza pola praza da Catedral, as rúas Lence, Pacheco e Leiras para, desde a Fonte de san Xoán, Sabelo arriba, chegar ao seu destino, o Campo dos Paxariños.
Toda esa música dos cascos contra as pedras fende o silencio. O pavimento estremécese. Os pezuños baten, ora alegro, ora vivace, ora andante… O tempo márcao a batuta das emoción que todos os animais presentes, bestas e humanos, comparten.
Cando remata o concerto das San Lucas deste ano, a concorrencia regresa aos seus destinos. Os humanos aos seus enredos cotiás e as greas á paz dos montes, que é alí onde, mentres disimulan o inverno ao abrigo de sebeiros e gabias, ensaian novos acordes para as San Lucas do ano que vén.



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



