Pontevedra, 19 de outubro de 2018.- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá na presentación do informe A cadea forestal-madeira de Galicia 2017, elaborado pola Universidade de Vigo, a través da Escola de Enxeñaría Forestal, onde destacou a aposta da Xunta por un modelo colaborativo que permita impulsar a industria forestal e aproveitar as novas oportunidades.
O director explicou que este informe é unha ferramenta imprescindible a través da que se pode coñecer a situación actual do forestal e, por tanto, detectar os seus puntos fortes e débiles e, deste xeito, adoptar decisións estratéxicas e deseñar as medidas máis axeitadas para acompañar a esta industria nunha ruta que permita xerar valor ao longo de toda a cadea.
Tal e como reflicte o informe, Galicia segue a ser unha potencia forestal, xa que o pasado ano rexistráronse novos récords, tanto no volume de cortas de madeira, que superaron por primeira vez os 8,5 millóns de metros cúbicos, preto do 50% nacional; como de exportacións, con máis de 800M€. Ademais Galicia obtivo o mellor rexistro da última década, cunha facturación de 2200M€.
O director asegurou que aínda que os datos son bos, Galicia aínda ten unha importante marxe de crecemento. Neste sentido, incidiu na necesidade dun cambio das interrelacións entre empresas e da colaboración, tamén coa Administración. Así, apuntou que, a través de Xera, xa se están mobilizando preto de 30M€ en investimentos para que as pemes da industria forestal gañen en competitividade a través da innovación e que xa se está a executar a primeira estratexia sectorial de formación.
Ademais lembrou outras medidas de impulso a esta industria como a posta en marcha dos obradoiros forestais ou da plataforma de comunicacións e autorizacións de aproveitamentos forestais que está a recibir ao redor de 200 trámites diarios.
Segundo o director os retos para contar cunha industria forestal competitiva pasa por sumar esforzos e garantir a súa modernización, diversificación e impulsar a bioeconomía e, deste xeito, aproveitar de forma eficiente a madeira para crear novos produtos. Lema finalizou destacando que esta industria é sinónimo de riqueza, emprego e novas oportunidades para o rural galego a través dun monte sostible, produtivo e máis protexido.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



