Ribadeo, 16 de outubro de 2018. Acisa e o Concello inician unha campaña de concienciación veciñal para que os donos e donas de mascotas non esquezan as obrigas que teñen: levar bolsas para recoller os excrementos, correa para que os animais non vaian soltos e bozal en caso de se trate de razas perigosas. A campaña foi presentada polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, pola concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, e polo xerente da Asociación de Comerciantes ribadense, Jesús Pérez.
Hoxe Acisa reparte os carteis entre os seus asociados nos que se pode ver a imaxe dun can e a frase Lembra: can, correa e bolsa.
Francisco Iriarte explicou que “es una campaña que lleva a cabo Acisa junto con el Concello para concienciar a la gente que tiene perros de que tiene unas obligaciones con ellos y a ver si entre todos podemos tener un poco más limpio Ribadeo. En la asociación recibimos quejas de que no se recogen los excrementos en las calles y la hostelería y el comercio están un poco enfadados con el tema. Además tenemos un problema grande que es que mucha gente lleva los perros sueltos, dicen que no son peligrosos, pero en algún momento pueden serlo. Es más los perros cuando ven a otros, aunque sea jugando, pueden asustar a un niño o a una persona mayor, entonces yo creo que si nos concienciamos todos a lo mejor arreglamos algo”.
Desde Acisa lembran que a primeira vez que se levou adiante unha campaña similar en Ribadeo, hai xa algúns anos, a resposta foi positiva: “a xente concienciouse e algúns asociados e asociadas comentáronnos que os propietarios de mascotas actuaron civicamente. Pero agora detectamos que se volve a baixar a garda e o que queremos, entre todos, é crear concienciar de novo á veciñanza e que Ribadeo estea o máis limpo posible. Non nos gusta ver os excrementos nas rúas, nos parques, nos xardíns, nas beirarrúas… si temos mascota debemos ser conscientes das nosas obrigas”, sinalou Jesús Pérez, xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
Pola súa banda, a concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, indicou que “se trata dunha campaña de concienciación para todas aquelas persoas que son posuidoras de mascotas. Evidentemente hai unha ordenanza municipal que regula todos estes temas, que tamén é verdade que non se está aplicando ao cen por cen porque por distintos motivos non se pode levar a cabo con toda a eficacia que nos gustaría, pero do que se trata é principalmente de que os veciños e veciñas de Ribadeo se conciencien de que se temos un animal temos que coidalo, pero tamén temos unhas obrigas especialmente cando estamos na rúa e temos que convivir con outros veciños e veciñas”.
Para Ermida “é importante que o que aparece reflectido no cartel da bolsiña, da correa e tamén do bozal, no caso daqueles animais que son considerados razas perigosas, se respecte e se cumpra polo ben de todos”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



