Compostela 19-10-18. Nun escrito remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural pedimos que a administración dispoña con urxencia un protocolo de medidas preventivas, dotado cos recursos suficientes para contrarrestar o impacto atribiíbel ao lobo nas as ganderías afectadas.
Lembramoss que durante este ano 2018 a Xunta non convocou axudas para prevención, alén de anunciar que non as convocará!!
Nun ano no que con cargo ao erario público elaboráronse dous extensos informes para diagnosticar os métodos preventivos e a conveniencia da súa aplicación, non se entende que tendo identificadas as posibles solucións non se habilite unha partida orzamentaria suficiente para poñer en marcha as medidas de manexo preventivo.
Paralelamente, dende ADEGA solicitamos que a Xunta realice auditorías de avaliación das explotacións gandeiras que anunciaron posibles peches da súa actividade a causa do lobo, dada a relevancia destas noticias á hora de planificar medidas na protección do lobo.
Das conclusións destas auditorías podería clarificarse por que algunhas explotacións están padecendo moitos máis danos, e dun xeiro recorrente, que outras.
Permitirían tamén adoitar medidas e solucións máis axeitadas para o manexo preventivo na liña de favorecer modelos de coexistencia e ou convivencia entre a gandería e o lobo.
Ss das conclusións destas auditorías demóstrarse que o lobo está condicionando dalgún xeiro a viabilidade destas explotacións, solicitamos da Xunta que proceda coa maior celeridade a abordar as medidas de pago indemnizatorio e compensatorio que resulten proporcionais ás perdas ocasionadas.
As axudas anuais para indemnizar danos, así como as partidas para medidas de manexo preventivo, deben manterse de maneira continuada no tempo e con partidas orzamentarias máis elevadas do que se vén facendo, acurtando ademais ao máximo os prazos de tramitación e resolución.
Non menos impostante é investir en actuacións de sensibilización que favorezan modelos de coexistencia entre lobo e gandería que fagan ver a importancia de corresponsabilización das explotacións para adoitar medidas preventivas e de manexo.
No eido da co-responsabilidade, a Xunta debería atender con sensibilidade e inmediatez esta problemática, detectando e identificando os casos de malas praxes por parte dalgunhas explotacións que se negan a adoitar calquera tipo de medida. ADEGA lembra que durante o mes de agosto unha explotación anunciou nos medios o seu peche por causa do lobo, e logo de termos solicitada información pormenorizada á administración, no referido as actuacións para demandar axudas por medidas preventivas ou pagos por danos, concluiuse que eran outras causas ben diferentes do lobo, as que propiciaban que a explotación fora insustentábel economicamente.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



