Viveiro, 31 de outubro de 2018. O pasado domingo finalizou Superarte, I Certame de Teatro Feito por Persoas con Diversidade Funcional e dende o concello consideramos necesario agradecer a todos aqueles que fixeron posible que esta primeira edición fose un éxito absoluto, ademais de facer fincapé na grande acollida e repercusión que esta iniciativa tivo.
Neste sentido, por unha banda, cómpre agradecer á Xunta de Galicia e á Deputación de Lugo pola súa colaboración e compromiso co proxecto; a Emarela, por darlle forma e pola produción, impecable, do evento; e a Temple Bar, pola súa colaboración para ofrecer unha sesión vermouth con cócteles sen alcohol e smoothies, que resultou un momento realmente divertido e concurrido.
Por outra banda, tendo en conta tanto as propias impresións como as dos participantes e colaboradores, é preciso subliñar que o balance final é moito máis positivo do esperado. De feito, xa se puxeron en contacto con nós máis asociacións para interesarse pola continuidade do certame, facendo constar o seu interese en participar nunha próxima edición. Houbo, incluso, unha asociación que se desprazou dende Oviedo para asistir como público, facendo de Superarte unha razón para viaxar ata Viveiro e disfrutar desta iniciativa.
Ao longo do certame, entre agrupacións de teatro e agrupacións musicais, participaron 50 artistas con diferentes patoloxías de divesidade funcional. Ademais, moitos deles participaron en todos os talleres celebrados, obtendo diversas ferramentas ou recursos que lles serán moi útiles no seu día a día. Nos tres talleres que se impartiron cubríronse todas as prazas ofertadas e os usuarios, docentes e voluntarios que participaron coincidiron na súa valoración totalmente positiva dos mesmos.
Na mesa redonda que tivo lugar o domingo tratáronse temas moi interesantes, que nos serviron para recompilar ideas ou pistas sobre cara a onde pode seguir medrando este proxecto, ámbitos vinculados á formación, a parte do propiamente artístico, no que poderiamos seguir traballando para colaborar e axudar a este colectivo.
É necesario destacar, así mesmo, que Superarte tivo unha gran proxección dentro e fóra de Galicia e que incluso recibimos felicitacións da Fundación Anade, de Madrid, que ten, entre outros, o obxectivo da integración social e laboral das personas con discapacidade ou enfermedade mental.
Por todo o exposto cabe concluír que o proxecto Superarte foi un éxito absoluto e dende o Concello de Viveiro queremos subliñar a importancia de que todas as administracións crean nestes proxectos tan necesarios para a vida de todos, pois, cabe lembrar, que ninguén está libre de verse nesta situación





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



