No libro “Caminos y Caminantes de A Mariña”,o escritor e xornalista barreirense Xesús Otero Pérez,Suso do Siñeiro, benquerido amigo, finado hai un par de anos; ten unha lembranza para o que, en tempos, fora lugar de efervescente actividade industrial e comercial: “A Espiñeira”. Nela aserradoiros, talleres mecánicos,muíños; almacéns de variado xénero; exportación de madeiras e asteleiros, “marcaron con significativos trazos, una era con sólida aportación al reforzamiento socio-económico de la comarca”…; e sitúa o seu esplendor, nos primeiros anos do S.XX. O 8 de setembro-1913, o concello de Foz remitía escrito a Fomento, interesando a construcción dun muelle para depósito de mercadurías naquel punto, que “xa fora habilitado por Real Orde; pedindo, ademais, que se anunciase a subasta da vía que comunicaría este porto, xa declarado de “interese xeral”,coa estrada Ribadeo-Viveiro”.
Acaso, e mercede ás fotos que, ó longo do tempo, foran publicadas da actividade dos asteleiros en Foz, e ás que, por moitos anos, penduraban en locais comerciais,quedou como paradigma, na memoria colectiva, a botadura do “Espiñeira-Mondoñedo”, alí construido para a casa armadora “Sociedad Mindoniense de Cabotaxe”.
O periódico mindoniense“Justicia” (3.9.1920),informaba da excursión que con tal motivo se orgaizou dende aquela cidade:… “en el coche del popular “Botes” se fueron colocando los excursionistas que llenaron el ómnibus, que cabeceaba, por el enorme peso que llevaba en la baca…“Bellísimas señoras y señoritas,elegantemente ataviadas, realzaban el acto con su presencia: parecía un jardín de frescas y lozanas flores, en medio de la umbría, perdidas entre riscos…” decía o xornal . O acto foi todo un acontecemento social, do que particicipou unha multitude de persoas, segundo testemuños gráficos e literarios da época.”Desde Cillero hemos divisado en la popa del barco la bandera roja y oro que ha paseado los mares, llevando a las cinco partes del mundo el genio de la raza en los nombres de Cristóbal Colón, Hernán Cortés, Vasco de Balboa, Solís y muchos otros nautas y conquistadores… “.
Describe o xornal o entusiasmo dos presentes, cando dona Dolores Basanta, de Reimunde,rociou o casco co “champagne”. “Los ¡¡hurras..!! y los aplausos, mezclados con las músicas, rasgaban el espacio, contagiando la alegría a la enorme multitud que se hallaba congregada a una y otra banda de la ría ..” La comparsa de gaiteros “Os Veiga”, que tocan “La Alborada”; la banda de instrumentos de metal , que lanza las estridentes notas de la “Marcha Real”….
A bordo foi servido un espléndido “lunch”, do que se encargou Xesús Cageao, “Papaíto”, e correron o café e os licores: doces, pastas, chastreuse, xerez, coñac, champagne, refrescos; habanos; todo con gran prodigalidade; sen destinción de persoas nen de crases, para rematar cun baile para a mocidade, ameizado pola comparsa e a banda…Ô lusco-fusco iníciase o desfile; antes, o elocuente orador e ilustre abogado, don Antonio Maseda Bouso pronunciara un breve discurso e dixera, entre outras elocuentes frases: “ este barco que va a surcar los mares, es el grano de arena con el que se irá formando la montaña de nuestra regeneración nacional…”.
Foi éste, sen dúbida, un fito na faceta navieira focega que, como dixemos, quedou na memoria popular. Ao cronista prácelle espallar o feito singular, lúdico e festexeiro; mesmo insólito, polo dispendio, desusado en tempos de tódalas carencias (…hai, xusto, un século), que poñía contrapunto á historia triste, por dramática, do noso mar ; hai xa tempo definitivamente extinguida e, polo tanto frustrante, para o devir socio– económico dun pobo da fonda tradición náutico-pesqueira e de cabotaxe, coma Foz… 
O “Espiñeira-Mondoñedo”, en augas da ría de Foz o día da súa histórica botadura.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



