A aprobación polo Parlament catalán dunha declaración a prol da abolición da Monarquía e máis a recente enquisa de Público (que reflectiu maioría a prol da República en Galicia, Asturies, Catalunya, Euskadi, Nafarroa, País Valencià e les Illes) volve pór no foco a cuestión da lexitimidade da Monarquía.
A Institución monárquica foi reinstaurada na dinastía dos Borbóns polo réxime de facto do xeneral Franco, mais esta evidente falla de lexitimidade de orixe foi, de primeiras, subsanada pola ratificación democrática no referéndum constitucional de 1978. Claro é que non se consultou específicamente pola Monarquía, que foi votada en conxunto ao xeito de “lo toma o lo deja”. O propio Adolfo Suárez recoñeceu que non se convocou un referéndum Monarquía vs República porque contaban perdelo. Para máis, pasaron xa 40 anos, e somos maioría, ben superior ao 70%, os que por razóns de idade non puidemos votar a Constitución.
Canto á lexitimidade de exercicio, a operación Rajoy-Rubalcaba do bipartidismo dinástico para salvar a Monarquía na primavera do 2014 substituiu a queimada imaxe do hoxe emérito pola dun xefe de estado seica abondo preparado. Mais , despois de máis de catro anos de mandato, El Rei convence moito máis aos uns ca aos outros.
Ao longo deste tempo, Filipe de Borbón e Grecia non asumiu a necesidade de alongar o apoio social á Monarquía. Mais ben coidou ben os seus acenos para proxectar unha imaxe unívoca da cidadanía española, da cidadanía monárquica. Unha imaxe unilingüe, uninacional e moi achegada á cosmovisión das dereitas.
Porque Filipe VI non tivo un aceno nestes catro anos e medio de mínima sensibilidade cara aos damnificados pola Grande Depresión. Non demostrou a súa preocupación a respecto dunha desigualdade que avanzou substancialmente nestes anos.
Aliñado contra a plurinacionalidade española, o actual xefe do estado escolleu bando cando optou pola dura intolerancia fronte Catalunya do seu discurso do 3-Ou. Un discurso escollido pola Casa Real sen a intervención de Rajoy-é dicir, escollido polo Deep State- na que non houbo uso ningún do catalán, nin concesión ningunha ao diálogo. Hai un ano, en outubro de 2017, o Borbón escolleu ser rei de parte.
O Rei Filipe amosou un xorne ben máis autoritario, españolista e aristocrático ca o do seu pai, o rei emérito. A Monarquía non é unha Institución neutral. E esta convicción cidadá vai ser moi difícil que este Rei poida superala.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



