A decisión da multinacional Alcoa de pechar a súa factoría d’A Coruña adóptase pola grande sobrecapacidade produtiva na China (auténtico dumping desleal) e pola falla total de investimentos nos últimos anos na factoría coruñesa. Porén, certo é que a tarifa eléctrica que grava ás industrias e consumidores galegos constitúe un auténtico despoxo patrimonial propio de pretéritas estruturas coloniais, malia os remendos dunha poxa de ininterrompibilidade que fica lonxe das posibilidades de moitas outras industrias, como Megasa, que pagan cantidades astronómicas pola enerxía e non poden concorrer con avantaxe a esta caste de poxas.
Mais case ninguén relaciona este peche co bloqueo sofrido polo autogoberno económico do País. Porque o Estatuto de Galicia, no marco do sistema dunha economía mixta de mercado, atribuílle ao Poder Galego a competencia exclusiva na xestión do sector público autonómico e máis a participación no goberno e administración das empresas públicas estatais operantes en Galicia que non fosen legalmente transferíbeis. Velaí o deseño constitucional dun sector público autonómico con vocación de abranguer ou, polo menos participar no sector público estatal operante en Galicia.
Porén, os sucesivos gobernos estatais bloquearon este- e moitos outros-preceptos estatutarios. Cando a SEPI estatal vendeulle INESPAL a Alcoa no 1998 por só 400 M USD, o Goberno galego de Fraga nin quixo nin puido oporse eficazmente a este malbaratamento patrimonial. Vendéronse moitas outras empresas no último goberno de Felipe González (1993-1996) e primeiro de Aznar (1996-2000), case sempre a prol dunha elite estatal extractiva, núcleo do capitalismo castizo de amiguetes ou do BOE que domina arestora os sectores regulados do IBEX 35.
A operación de recentralización económica completouse coa liquidación das Caixas e, de vez, das competencias estatutarias galegas sobre estas entidades fundacionais de base social e, xa que logo, de propiedade colectiva e non privada.
A desmontaxe dos sectores público e financeiro galegos ten empobrecido substancialmente o País no beneficio dese capitalismo estatal de amiguetes, ao tempo que reduciu moi substancialmente a compoñente social ou mixta dunha economía de mercado que está a se converter abertamente en sociedade de mercado.
O autogoberno é garantia de benestar e a recentralización é un camiño cara ao empobrecemento.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



