Madrid, 16 de outubro de 2018. Os deputados de En Marea, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, trasladarán este mércores nunha xuntanza á ministra de Industria, Reyes Maroto, a grave situación dos traballadores e traballadoras de Alcoa despois de que a compañía convocase para mañá aos comités nas plantas de A Coruña, San Cibrao (Lugo) e Avilés (Asturies).
Os traballadores, que acudirán á xuntanza sen orde do día, sospeitan que a compañía quere anunciar recortes ou incluso o peche dalgunha planta, algo que En Marea trasladará de xeito urxente á ministra para tratar de paralo.
Yolanda Díaz amosou hoxe a súa preocupación despois do anuncio desta xuntanza “con tanto secretismo” que foi convocada para mañá nas tres plantas da empresa. Neste senso son numerosas as iniciativas que En Marea presentou no Congreso para pedir un maior apoio do Goberno á industria electrointensiva, cun modelo diferente de subastas.
Outro dos eixos fundamentais da xuntanza coa ministra será coñecer as previsións do Goberno para a finalización da negociación do tan ansiado Plan Estratéxico de Navantia.
Os deputados de En Marea amosan a súa preocupación polo retraso na aprobación deste plan vital para o futuro dos estaleiros públicos, con 5 centros productivos e miles de traballadores no noso país, tanto directos como indirectos, que é ademais un sector público que xera valor engadido ao noso país.
“É fundamental un investimento en infraestruturas e equipamientos tecnolóxicos para posibilitar unha maior competitividade en mercados internacionais, así como un plan comercial a longo prazo, que cree expectativas de futuro para o sector naval”, sinalan.
Outro dos temas que preocupan a En Marea é o futuro da planta que a empresa Vestas ten en Viveiro, sobre todo despois do peche da planta de León.
Na factoría de Viveiro traballan neste momento 210 operarios, e todo apunta que poderían correr a mesma sorte que os compañeiros de León, xa que nela prodúcense gran parte dos xeradores eólicos destinado á factoría leonesa.
Díaz sinalou que o Goberno debe interceder nesta situación antes de que se faga irreversible, xa que os traballadores e traballadoras están con “incerteza” ante a ausencia de información sobre o futuro da empresa.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



