Burela 17-10-18. A Bomboneira recibirá o vindeiro martes, 23 de outubro, o CA Osasuna Magna, de Primeira LNFS, na segunda eliminatoria de Copa do Rei, a partir das 21.00 horas. Tras o triunfo de 0-6 ante Prone na primeira rolda, os pupilos de Juanma Marrube aparcarán os compromisos de liga, entre os desprazamentos ás complicadas pistas de Real Betis Futsal (sábado 20, 19.00 horas, Betis TV) e Santiago Futsal (sábado 27, 20.00 horas, TVG2).
Venda anticipada
O club habilitará a venda anticipada de entradas entre mañá, xoves 18, e o martes (ata as 14.00 horas) na sede laranxa.
Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00//16.00-19-00)
Venres (10.00-14.00 horas)
Soci@s Adult@s: 3 euros
Non Soci@s Adult@s: 12 euros
Menores de idade: Gratuíto
Emparellamentos de 1/16 de Copa do Rei
CD Leganés FS – Naturpellet Segovia
Tenerife Iberia Toscal – Palma Futsal
Gran Canaria FS – BeSoccer CD UMA Antequera
Córdoba CF Futsal – Viña Albali Valdepeñas
Software DELSOL Mengíbar – Jimbee Cartagena FS
Pescados Rubén Burela – CA Osasuna Magna
Santiago Futsal – Aspil-Vidal Ribera Navarra
Noia Portus Apostoli – O Parrulo Ferrol
Nueva Elda – Levante UD FS
Rivas Futsal – ElPozo Murcia
Manresa FS – Fútbol Emotion Zaragoza
Palleja FS – Industrias Santa Coloma
CCR Club Esportiu – Peñíscola RehabMedic
Real Betis Futsal-Jaén Paraíso Interior























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
