Viveiro 15-10-18. Esta pasada fin de semana celebrouse nas Pontes a 19ª edición das Xornadas Apícolas do Eume, un recoñecido evento do panorama apícola galego que finalizou coa tradicional entrega de premios da XI Cata de Mel. Desta volta o segundo premio para o mel escuro foi colleitado por Loli Lage, unha das produtoras máis laureadas na historia deste certame con seis galardóns acumulados nos catro anos que vén participando.
Na cata de Goente téñense en conta nunha primeira fase os parámetros fisioquímicos, melisopalinolóxicos e sensoriais do mel. Posteriormente, o panel de catadores somete as mostras participantes aos seus sentidos co fin de escoller o mel merecedor deste recoñecemento, atendendo basicamente a unha análise visual, aromática, de sabor e sensación na boca. O resultado para a categoría de meles escuros, na derradeira fase á que unicamente accederon nove das mostras presentadas, foi de 73,4 puntos para o gañador e de 69,2 para o finalista. Este último resultou ser o viveirense Mel O Castelo.
Loli Lage é a herdeira dunha tradición entre abellas moi arraigada na súa familia. O seu mel, comercializado baixo o selo O Castelo, prodúcese tanto nas colmeas que posúe na parroquia de Galdo (Viveiro) como nas que ten no concello de Muras.
Mel O Castelo xa logrou no ano 2015 o segundo premio entre os meles claros, así como unha mención especial polo seu mel escuro de breixo. O produto de Loli Lage tamén conseguiu ser o gañador no 2016 tanto na categoría de mel claro como na de mel escuro, sendo esta a primeira vez na que un mesmo apicultor acumulaba os dous máximos galardóns da cata. E no 2017 volveu quedar como finalista na categoría de meles claros, de novo, cun néctar monofloral de eucalipto.
Este ano o maior inimigo do mel foi a meteoroloxía. A produción sufriu unha importante merma debido ao breve periodo de floración que provocou a inestabilidade do tempo. Aínda así, esta medalla de prata na categoría de meles escuros demostra que é moi difícil chegar, pero aínda máis complicado é manterse. Así e todo, despois de cinco edicións recibindo o recoñecemento deste prestixioso concurso, semella evidente que a calidade de Mel O Castelo non é flor dun día.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



