Ribadeo, 20 de outubro de 2018. A Concellaría de Igualdade pon en marcha o vindeiro 28 de outubro un novo Domingo a Pé. O percorrido a realizar nesta ocasión será o comprendido entre Rinlo e Ribadeo.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM explican que “os Domingos a pé son unha actividade anual dirixida ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo illadas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou tripla xornada laboral. Ademais, de poder gozar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercicio físico”.
E engaden que “desta volta desprazarémonos desde Rinlo a Ribadeo. Consiste en ir no tren a Rinlo e volver pola senda costeira camiñando a Ribadeo 13 quilómetros. Sairase ás 11:30 horas da estación de tren de FEVE e regresaremos arredor das 16.30/17.00 horas. Como ven sendo habitual, contaremos coa colaboración de Teresa Díaz, para guiarnos nas rutas. Teresa é membra da Directiva da Asociación Pena Tallada, e ten investigado todas as rutas da nosa contorna, que podedes atopar no seu blogue: http://teresaderibadeo.blogaliza.org”.
As mulleres interesadas en participar na ruta deben anotarse no Centro de Información ás Mulleres, sito no Auditorio Municipal Hernán Naval, chamando ao teléfono 982 120 739/ 982 120 808 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo cim@ribadeo.org. Deberán de levar calzado cómodo, auga, comida e paraugas ou chubasqueiro por si chovese algo.
Prestación por maternidade
Ademais desde a Concellería de Igualdade subliñase que “no Centro de Información ás Mulleres (CIM) pódese prestar información e axudar a tramitar a solicitude de devolución das retencións do IRPF durante a prestación por maternidade. O Tribunal Supremo (en sentencia do 3 de outubro) ven de confirmar que as prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. A resolución establece doutrina legal e, polo tanto, obriga á Axencia Tributaria a adoptar o novo criterio (contrario ao que viña facendo). En principio, este cambio só afectará aos pagos dos últimos catro anos, (desde o 2014 en adiante), xa que ese é o prazo de prescrición, agás cando este prazo quedara en suspenso”.
E engaden que “desde o CIM informaráselles a quen deben reclamar (Axencia tributaria no caso de prestacións cobradas nos anos 2014-2017) e Seguridade Social no caso de que fora neste exercicio actual (2018) e o procedemento a seguir, aínda que se estima que a Axencia Tributaria poda establecer nos vindeiros meses un procedemento telemático para dita reclamación. O horario de atención a público para este tipo de cuestións será desde ás 9.00 ata ás 14.00 horas os martes, mércores e xoves e previa cita que poden concertar chamando ao 982 120 808 ou por correo electrónico en cim@ribadeo.org”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



