Burela, 27 de outubro de 2018. O Concello de Burela rematou estes días as obras de asfaltado na rúa Suafonte, e nas vindeiras semanas continuará nas rúas Nosa Señora do Carme, Pardo Bazán e Eijo Garay. O investimento ascende a 30.000 euros con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial. Ademais xa adxudicou o alumeado do campo de fútbol de A Marosa cun investimento de 50.000 euros, e a actuación no parque de Suafonte dotada con 60.000 euros. O Concello acometerá ademais a renovación da rede semafórica da vila.
O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, contou que “hai uns días empezáronse as obras de asfaltado de varias rúas de Burela. A rúa Suafonte, que tiña un tramiño pendente de asfaltar, xa está asfaltada e en perfectas condicións. Nos vindeiros días e semanas seguirán estes traballos en Nosa Señora do Carme, en Pardo Bazán e en Eijo Garay. Eran unhas obras moi necesarias, que están enmarcadas no Plan Único, e van supoñer unha inversión de preto de 30.000 euros dese plan da Deputación”.
Fernández Rey dixo que “ademais imos aproveitar que temos aquí xa as máquinas e imos facer outra serie de asfaltados que facían falta en Burela nalgunha rúa que tiña necesidade de asfaltarse, e con fondos propios imos acometer esas obras”.
O edil burelés explicou que “esta semana tamén vimos de adxudicar a obra do alumeado do campo de fútbol de A Marosa. Recordar que era unha inversión que supoñía preto de 50.000 euros, que tamén estaba enmarcada dentro do Plan Único da Deputación. É unha obra moi demandada polos usuarios do campo de fútbol e esperemos que a final de ano sexa unha realidade, e xa poidamos disfrutar dese alumeado”.
O concelleiro de Obras seguiu a relatar que “tamén dentro do Plan Único xa temos adxudicada a obra do parque de Suafonte, que esperamos que se empece en breve, cunha inversión que se achega aos 60.000 euros. Temos ademais a renovación da rede semafórica de Burela que imos empezar a facela. Tamén imos adaptar á normativa de baixa tensión o alumeado de Burela, que é unha normativa que estamos obrigados a cumprir e esperamos que con esta obra quede lista esa deficiencia que tíñamos no alumeado público”.
Ramiro Fernández engadiu que “ata final de ano en Burela vai haber moitas obras importantes para os veciños e esperamos que causen as menos molestias posibles. En canto aos asfaltados, recordar que durante estes próximos días, dependendo tamén da climatoloxía, vai haber cortes de tráfico e algunha que outra molestia para o tráfico en Burela, así que queremos pedir desculpas e que comprendan que as obras hai que facelas, polo que intentaremos realizalas da mellor maneira e que todo discorra con normalidade”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



