Lugo, 15 de outubro de 2018.- A Xunta porá en marcha nas próximas semanas o Plan galego de formación 2018-2019, que na comarca da Mariña permitirá que un total de 465 persoas sen emprego poidan elixir a súa cualificación a través dunha oferta de 31 cursos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou hoxe as principais novidades que introduce a presente convocatoria desta iniciativa, que forma parte do esforzo que está a facer a Administración autonómica, a través da Axenda 20, para incrementar e mellorar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e para adaptar a formación ás demandas reais do tecido produtivo. A Consellería de Economía, Emprego e Industria incrementou nun 13,4% o orzamento deste programa, que alcanza na comarca un investimento de máis de 1,1 millóns de euros.
Deste xeito, os alumnos e alumnas poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado. Ata o de agora a elección só correspondía ao Servizo Público de Emprego de Galicia. Neste ano, no plan galego de formación na Mariña participan os concellos de Xove, O Vicedo e Ribadeo e distintas empresas e academias.
A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial. A inserción laboral alcanzada en pasadas edicións por este programa aproximouse ao 60%.
Proceso máis sinxelo
O alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion. Tamén terá por primeira vez a posibilidade de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar e que a Xunta apoia ao 100% e obter na web toda a información de interese sobre a actividade.
As accións formativas terán un custo por alumno de entre 266 e 6.491 euros. Ofértanse cursos nos principais sectores da economía galega, como son as TIC, o comercio e márketing, a construción, o transporte, a sanidade, os servizos sociais ou as enerxías renovables, entre outros. No eido da automoción e das enerxías renovables cada acción formativa ten un custo medio de 3.900 euros por alumno; e nas TIC e construción de 3.600 euros. Cada curso ten unha media de duración de 6 meses.
Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.
A formación para persoas desempregadas e ocupadas é un reto prioritario para o Goberno galego. Por iso, ten en marcha outro tipo de programas, como son as Unidades formativas na empresa; os obradoiros duais; ou os plans formativos para sectores específicos, como a automoción, o naval ou o forestal.
Próxima ampliación
José Manuel Balseiro lembrou que o Plan de Formación da Xunta completarase proximamente coas actividades que organizan os centros propios da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, Viveiro e Monforte de lemos, que sumarán en torno a 25 cursos e 1 millón de euros máis de investimento.
“En total -afirmou-, estamos falando dunha cifra de arredor de 8 millóns de euros de investimento en formación para mellorar a cualificación e as perspectivas de inserción laboral das persoas en situación de desemprego da nosa provincia”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



