Ribadeo, 2 de outubro de 2018. O Partido Popular no Concello de Ribadeo reclama ao equipo de goberno que arranxe zonas do casco urbano da vila, como as rúas Benito Prieto Coussent e Deputación, que están moi deterioradas. Os populares aseguran que nesta última xa se produciron varios accidentes de viandantes polo mal estado no que se atopan as beirarrúas.
O portavoz do PP no Concello de Ribadeo, Jesús López Penabad, manifestou: “desde o Partido Popular estamos dándonos conta, supoño que como todos os veciños, que están as eleccións municipais aí. Este equipo de goberno vai facer doce anos gobernando no 2019, cando serán as próximas eleccións, e facendo só algunha cousiña que outra. Pero nestas últimas semanas están cun goteo continuo anunciando obras”.
Jesús López Penabad lembra que “empezaron a amañar a rúa San Roque, pero aínda falta a outra metade; están en obras na avenida Ría de Ribadeo; e agora empezan tamén a acordarse do rural, despois de telo abandonado durante moito tempo, como denunciamos en varias ocasións. Están aglomerando pistas, propoñendo novos aparcamentos e tramos de saneamento que quedaban por facer. Cremos que isto agora é unha marabilla e, como di moita xente por aí, oxalá houbera eleccións municipais todos os anos para que esta xente se puxera a traballar. É o que botamos en falta, sobre todo durante esta última lexislatura, cando se veu un pasotismo total por parte do goberno municipal, pois non facían practicamente nada. Pero agora todo son anuncios e algunha obra que outra para mellorar Ribadeo, que boa falta lle fai”.
O voceiro popular engade que “así como o outro día denunciábamos a situación na que se atopan as rúas no barrio da Pega, podemos citar hoxe outras que están no propio casco urbano de Ribadeo e que necesitan de arranxo inmediato e profundo. Fai xa nove meses, como un embarazo, pero neste caso non houbo neno senón que a situación empeorou, na rúa Benito Prieto Coussent, que está detrás de Rafael Fernández Cardoso, denunciouse o estado lamentable no que se atopaba ese viario e a día de hoxe, despois de dar a palabra o alcalde de que se ían tomar medidas, a rúa está aínda peor. Non fomos nosoutros os únicos que o denunciamos, senón que tamén un negocio que hai nesa rúa, en concreto unha perruquería, saíra a queixarse, con toda a razón do mundo, porque a rúa está peor que as de Bosnia cando había guerra”.
López Penabad pídelle ao goberno municipal que “agora que estamos cerca das eleccións acórdense destas zonas tamén porque están no propio casco urbano de Ribadeo pero son esquecidas por este equipo de goberno. Vou citar outro caso tamén moi céntrico: na rúa Deputación, recentemente arranxada porque hai uns meses renovaron parte do pavimento, está habendo accidentes continuamente por tropezos de viandantes nas beirarrúas, porque en varias zonas desta rúa están totalmente deterioradas. Hai tropezos e algún posible dano físico persoal. Polo tanto cremos estas deficiencias deberían repararse. É unha rúa moi transitada, por moitos veciños e tamén por peregrinos porque pasa por ela o Camiño de Santiago, e está nunhas condicións lamentables. Hai que arranxala xa porque houbo varios accidentes e pode haber moitos máis, que ademais de causar danos ás persoas repercutirán nas arcas municipais, se pasa algo un pouco máis grave”.
O portavoz do PP ribadense sinala que “tanto que está anunciando ultimamente o alcalde, que arranxe tamén estas necesidades urxentes e demandadas desde hai moito tempo, pero fai caso omiso a elas”.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



